O servizo Bos Días Cole, empezará a funcionar no CPI “ O Cruce”, desde o día 11 de setembro desde ás 8.00 de mañá, para os menores que o solicitaron .

Infórmase que no caso de precisar dito servizo ao longo do curso escolar, teñen que achegarse ao edificio do Concello e solicitalo por rexistro.

Para máis información, poden chamar ao 981 68 60 68, ou ben acudir ao Departamento de Benestar Social, sito no 3º andar do edificio municipal.

Rematado o prazo de presentación de solicitudes para as axudas dirixidas ás familias para libros de texto, material escolar e vestiario para o curso 2019/2020, e unha vez comprobada a documentación que acompaña cada unha delas, o Departamento de Servizos Sociais elaborou o informe proposta da resolución provisional das solicitudes completas e as pendentes de emendar documentación.

Informar ás persoas interesadas que de acordo co artigo 9.1 das bases da convocatoria disporán dun prazo de 10 días hábiles para presentar alegacións e/ou emendar a documentación requirida.

No caso en que as persoas interesadas non presenten, no Rexistro Xeral do Concello a documentación para subsanar no prazo establecido, quedarán denegadas.

 

Máis información no Departamento de Servizos Sociais ou no teléfono 981 686 068

Dende o Departamento de Servizos Sociais do Concello de Cerceda, colaborarase coa Fundación Amigos de Galicia, na recollida de material escolar.

O prazo para a poboación que queira colaborar coa donación de material escolar, remata o día 23 de agosto. O lugar de recollida é no terceiro andar do edificio municipal, no departamento de Servizos Sociais.

O material que mais se precisa son: gomas, tesoiras, carpetas, libretas, mochilas...

Para mais información poden chamar ao telf. 981 68 60 68

 

.

O Concello está a facer a través da concesionaria do servizo de control de pombas, Rapiñas do Salnés Cetrería, unha campaña no casco urbano de Cerceda.


No caso de ser coñecedores de puntos nos que existan niños ou afluencia de pombas, póñanse en contacto co número de teléfono 656832191 (Evaristo).

Con data 30 de maio de 2019 reuniuse a  Comisión de Baremación, Coordinación e Seguimento da Escola Infantil Municipal Os Pillabáns para a resolución das solicitudes de reserva de praza e de novo ingreso para o curso 2019/2020.

Valoradas as solicitudes de reserva de praza e baremadas as de novo ingreso, adxudicaronse as prazas segundo a puntuación obtida e atendendo aos criterios de prioridade establecidos no Artigo 14 do Regulamento da escola infantil municipal (BOP nº 75, do 21 de abril de 2017).

As persoas solicitantes poderán efectuar as reclamacións que consideren oportunas no prazo de dez días naturais a contar a partir da data desta publicación.

Attachments:
FileFile size
Download this file (LISTAXE ADMITIDOS E EN AGARDA CURSO 2019-2020.pdf)LISTAXE ADMITIDOS E EN AGARDA CURSO 2019-2020.pdf282 kB

Anota... este venres, 31 de maio, tocan Merendas e Contos na Biblioteca municipal de Cerceda ás 17h30. Non esquezas facer a túa inscrición nas Oficinas xerais do Concello.

  • MERENDAS E CONTOS NA BIBLIOTECA MUNICIPAL DE CERCEDA// VENRES, 31 DE MAIO ÁS 17H30
  • ESPECTÁCULO: Un invento para chegar ao ceo. TRINKE TRINKE TEATRO
  • INSCRICIÓNS: Nas Oficinas xerais ou no teléfono 981685001

 

Páxina 14 de 24