Rematado o prazo de presentación de solicitudes para as axudas dirixidas ás familias para libros de texto, material escolar e vestiario para o curso 2019/2020, e unha vez comprobada a documentación que acompaña cada unha delas, o Departamento de Servizos Sociais elaborou o informe proposta da resolución provisional das solicitudes completas e as pendentes de emendar documentación.

Informar ás persoas interesadas que de acordo co artigo 9.1 das bases da convocatoria disporán dun prazo de 10 días hábiles para presentar alegacións e/ou emendar a documentación requirida.

No caso en que as persoas interesadas non presenten, no Rexistro Xeral do Concello a documentación para subsanar no prazo establecido, quedarán denegadas.

 

Máis información no Departamento de Servizos Sociais ou no teléfono 981 686 068

Dende o Departamento de Servizos Sociais do Concello de Cerceda, colaborarase coa Fundación Amigos de Galicia, na recollida de material escolar.

O prazo para a poboación que queira colaborar coa donación de material escolar, remata o día 23 de agosto. O lugar de recollida é no terceiro andar do edificio municipal, no departamento de Servizos Sociais.

O material que mais se precisa son: gomas, tesoiras, carpetas, libretas, mochilas...

Para mais información poden chamar ao telf. 981 68 60 68

 

.

O Concello está a facer a través da concesionaria do servizo de control de pombas, Rapiñas do Salnés Cetrería, unha campaña no casco urbano de Cerceda.


No caso de ser coñecedores de puntos nos que existan niños ou afluencia de pombas, póñanse en contacto co número de teléfono 656832191 (Evaristo).

Acta do Sorteo Público das prazas concedidas ao Concello de Cerceda no Programa de CAMPAMENTOS DEPORTIVOS 2019 DA DEPUTACIÓN DA CORUÑA.

O 05 de xuño de 2019 ás 11h30, no Salón de Plenos do Concello de Cerceda, ten lugar o Sorteo Público das prazas do programa CAMPAMENTOS DEPORTIVOS 2019 organizado pola Deputación da Coruña. Dá fe do acto o Secretario Xeral do Concello.

  1. O número de prazas asignadas pola Deputación da Coruña é de 3
  2. Preséntanse, en prazo, 6 solicitudes no Rexistro Xeral do Concello de Cerceda
  3. A cada persoa participante asígnaselle un número co que participará no sorteo público, de acordo co número de entrada da solicitude no Rexistro xeral:

1

2019/1158

CABEZA MARTÍNEZ, LYDIA

2

2019/1159

PARDO LÓPEZ, SAÚL

3

2019/1174

MOSQUERA SÁNCHEZ, NAGORE

4

2019/1178

LISTA MOSQUERA, PAULA

5

2019/1191

CASTRO GAREA, NURIA

6

2019/1318

VARELA PREGO, KEVIN

Realizado o sorteo, resulta a seguinte relación de persoas seleccionadas e a listaxe de reserva:

RESULTADOS DO SORTEO DAS PRAZAS PARA

CAMPAMENTOS DEPORTIVOS 2019 DA DEPUTACIÓN DA CORUÑA

CONCELLO DE CERCEDA

Nº SELECCIONADO

APELIDOS E NOME

6

VARELA PREGO, KEVIN

4

LISTA MOSQUERA, PAULA

3

MOSQUERA SÁNCHEZ, NAGORE

LISTAXE DE RESERVA

2

PARDO LÓPEZ, SAÚL

5

CASTRO GAREA, NURIA

1

CABEZA MARTÍNEZ, LYDIA

Cerceda, 05 de xuño de 2019

O Secretario Xeral,

Raúl Martínez Martínez

Attachments:
FileFile size
Download this file (Acta Sorteo Campamentos Deputacion 2019_veran.pdf)Acta Sorteo Campamentos Deputacion 2019_veran.pdf65 kB

Campamentos Deportivos Deputación- Verán 2019: Sorteo público Mércores, 05 de xuño ás 11h30. Salón de Plenos

Listaxe de Solicitantes_Concello de Cerceda

  1. Rematado o prazo de inscrición, o pasado 31 de maio de 2019, nas actividades incluídas no Programa de Campamentos deportivos 2019 organizado pola Deputación da Coruña, a listaxe das persoas solicitantes no Concello de Cerceda son as que se detallan a seguir:

    SOLICITUDES PRESENTADAS CAMPAMENTOS DEPORTIVOS 2019 DEPUTACIÓN DA CORUÑA

    CONCELLO DE CERCEDA

    R/E Nº

    APELIDOS E NOME

    2019/1158

    CABEZA MARTÍNEZ, LYDIA

    2019/1159

    PARDO LÓPEZ, SAÚL

    2019/1174

    MOSQUERA SÁNCHEZ, NAGORE

    2019/1178

    LISTA MOSQUERA, PAULA

    2019/1191

    CASTRO GAREA, NURIA

    2019/1318

    VARELA PREGO, KEVIN

    Prazas concedidas ao Concello de Cerceda: 3

    Solicitudes presentadas: 6

  2.  O Sorteo público desenvolverase o próximo mércores, 5 de xuño ás 11h30, no Salón de Plenos da Casa do Concello (2º andar).

Con data 30 de maio de 2019 reuniuse a  Comisión de Baremación, Coordinación e Seguimento da Escola Infantil Municipal Os Pillabáns para a resolución das solicitudes de reserva de praza e de novo ingreso para o curso 2019/2020.

Valoradas as solicitudes de reserva de praza e baremadas as de novo ingreso, adxudicaronse as prazas segundo a puntuación obtida e atendendo aos criterios de prioridade establecidos no Artigo 14 do Regulamento da escola infantil municipal (BOP nº 75, do 21 de abril de 2017).

As persoas solicitantes poderán efectuar as reclamacións que consideren oportunas no prazo de dez días naturais a contar a partir da data desta publicación.

Attachments:
FileFile size
Download this file (LISTAXE ADMITIDOS E EN AGARDA CURSO 2019-2020.pdf)LISTAXE ADMITIDOS E EN AGARDA CURSO 2019-2020.pdf282 kB

Páxina 9 de 20