Dende o Concello de Cerceda, organizase para o sábado 21 de abril de 2018, unha viaxe a Corcubión co seguinte programa:

09.00h.- SAÍDA DE DIANTE DO MUSEO DO MOUCHO.
- VISITA AO CASCO HISTORICO DE CORCUBIÓN
- VISITA AO ÉZARO
14.00h.- XANTAR
16.00h.- BAILE
19.00h.- SAÍDA PARA CERCEDA
* O programa pode sufrir variacións, antes ou durante a viaxe.

Para mais información, pode acudir o edificio municipal 3º andar, ou ben chamar ao 981 68 60 68.

ACTA DO TRIBUNAL PARA A PROVISIÓN DA PRAZA DE ADMINISTRATIVO/A INTERINO/A


Sendo as 9 horas do día  21/3/2018, reúnese o tribunal para a provisión da praza de administrativo/a interino/a, co fin de resolver as reclamacións efectuadas ó primeiro exercicio.
En tempo e prazo, presentou unha reclamación a opositora XXXXXXXX, en diante e para os documentos de exposición pública, opositora nº22:

“Opositora nº 22, e o pasado xoves  15 de marzo participei no exame tipo test para cubrir unha praza de administrativo, funcionario interino no Concello de Cerceda
 
A  pregunta 40 do test  dicía o seguinte:
Son tributos propios das entidades locais:
 
a)Taxas, contribucións especiais e impostos
B) Taxas,contribucións especiais e impostos ,e a participación en tributos do estado e da scomunidades autónomas
c)Taxas,contribucións especiais e impostos, e os recargos legalmente esixibles sobre os impostos, as comunidades autónomas e doutras entidades locais
 
O tribunal dá como correcta a opción A) pero o artigo 2.1 letra b) do RDL 2/2004 do 5 de marzo polo que se aproba o Texto Refundido da Lei Reguladora de Facendas Locais di o seguinte:
 
b) Los tributos propios clasificados en tasas, contribuciones especiales e impuestos y los recargos exigibles sobre los impuestos de las comunidades autónomas o de otras entidades locales.
 
Segundo o exposto solicitose sexa dada como válida a opción C) como resposta correcta da pregunta 40 do exame
Se modifique a plantilla de respostas tendo en conta o anterior
Se corrixan as puntacións dos opositores  debido a este cambio.”

Unha vez analizada a reclamación, constátase que a opositora non se dá conta de que se pregunta “cales son os tributos propios das entidades locais”, non “cales son os recursos propios das entidades locais” e ,precisamente no art 2.1 letra b) do RDL 2/2004 do 5 de marzo polo que se aproba o Texto Refundido da Lei Reguladora de Facendas Locais  defínese que os recursos están intregrados por:

“b) Os tributos propios clasificados en taxas, contribucións especiais e impostos e os recargos esixibles sobre os impostos das comunidades autónomas ou doutras entidades locais.”

Como se pode ver nese apartado, xa se definen os tributos propios que non son outros que as taxas, contribucións especiais e impostos.

 É polo que este  Tribunal resolve:

1.-Desestimar a reclamación formulada pola opositora número 22, xa que a pregunta formulada eran sobre os tributos propios non os recursos das entidades locais.

2.- Como xa se tiña anunciado o exame práctico realizarase o día xoves 22 de marzo de 2018 ás 9:30h no Salón de Plenos do Concello de Cerceda. Avda. do Mesón, 21 – Cerceda
Remata esta sesión sendo as 9 horas e 30 minutos do día da data, da que se extende a presente acta.

Reunido o tribunal cualificador da  praza de admnistrativo/a interino/a, e á vista das bases da convocatoria,

Resolve:

1.- Conceder prazo de alegacións ata o día:  martes 20 de marzo de 2018, que deberán ser enviadas ao correo electrónico, "Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo."

2.- As alegacións, de habelas, resolveránse o mércores día 21 de marzo de 2018. Serán comunicadas aos interesados polo correo electrónico que facilitaran eles mesmos.

3.- O exame práctico realizarase o día xoves 22 de marzo de 2018 ás 9:30h no Salón de Plenos do Concello de Cerceda. Avda. do Mesón, 21 – Cerceda.  Polo que anúlase a convocatoria feita para o día 19 de marzo ás 9:30h.

Cerceda, 16 de marzo de 2018

Atención...!! este venres, 16 de marzo a partir das 17:15h, tocan Merendas e Contos na Biblioteca municipal de Cerceda. Así que non esquezas facer a túa inscrición nas Oficinas xerais do Concello ou no teléfono 981685001.

  • VENRES, 16 DE MARZO, ÁS 17:15h. MERENDAS E CONTOS BIBLIOTECA MUNICIPAL DE CERCEDA
  • Espectáculo: AVÓS, de TrinkeTrinke Teatro (a partir de 3 anos)
  • INSCRICIÓNS: Nas Oficinas Xerais ou no teléfono 981685001

Reunido o Tribunal cualificador acorda convocar a proba práctica para o vindeiro día 19 de marzo de 2018 as 9.30 horas, que se realizará no Salón de Plenos da Casa Consistorial. Os opositores convocados son os seguintes:

NUMERO

DE

OPOSITOR

NOTA

 6.

5,30

 11.

5,95

 12.

5,20

 15.

5,05

 19.

8,75

 20.

7,30

 22.

6,80

 23.

5,45

 25.

5,70

 27.

7,30

Cerceda, 15 de marzo de 2018.

O TRIBUNAL

Dende o Concello de Cerceda, abriuse o prazo, para a Viaxe a Extremadura, dos días 21 ao 24 de marzo de 2018.

O programa, recolle varios aspectos a destacar tales como:
-    Guía Oficial para visita de Mérida, Cáceres, Trujillo e Plasencia.-  

-    Entradas en monumentos emblemáticos: o Castelo árabe, Casa Museo Pizarro, Igrexa de Santiago, Aljibe Altamirano, Igrexa de Santa María.
o    Teatro e Anfiteatro Romano, Alcazaba, Casa del Mitreo e Área Funeraria, Área Arqueolóxica de Moreira e Circo Romano.
o    Palacio dos Golfines de Abaixo.
o    O Real Mosteiro de Santa María de Guadalupe.

O prezo por persoa en habitación dobre, é de : 295 €.

O prezo por habitación individual é de: 355 €

Para mais información poden acudir o 3º andar do edificio municipal, ou ben chamar ao 981 68 60 68.

Attachments:
FileFile size
Download this file (VIAXE A EXTREMADURA pagina 2.pdf)VIAXE A EXTREMADURA pagina 2.pdf45 kB

O Concello de Cerceda co cofinanciamento da Xunta de Galicia, a través da Consellería de Política Social, e do Fondo Social Europeo, executou unha serie de melloras na Escola Infantil “Os Pillabáns”.

A través da convocatoria de concesión de axudas para o investimento na mellora de infraestructuras e do equipamento da escolas infantís, da Consellería de Política Social, de 32 de maio de 2017, o concello acometeu a cubrición do patio exterior da escola infantil, o que vai permitir unha optimización da zona de xogos e esparcimento dos/as nenos e nenas, subvenciona en 20.000 euros pola administración autonómica.Con esta convocatoria tamén se fixo unha inversión en equipamento en material audivisual e material educativo de aprendizaxe subvencionado con 8.639,85 euros.

Páxina 15 de 20