Noticias

Noticias

cemit.pngconc_cer.png

 

CURSOS INFORMÁTICA (HORARIOS) – Mínimo de 6 persoas inscritas/curso

ADULTOS
Cerceda: Luns – Xoves / 10:00 – 11:00
A Silva: Luns – Xoves / 12:00 – 13:00

NENOS/AS

Cerceda:
3º/4º Primaria: Xoves / 16:10 – 17:00
5º/6º Primaria: Xoves / 17:10 – 18:00

A Silva:

3º/4º Primaria: Luns / 15:00 – 15:50
5º/6º Primaria: Luns / 16:00 – 16:50

 

CURSOS INFORMÁTICA (PROGRAMACIÓN)

ADULTOS (12 h./Curso)
1. Informática básica
2. Procesador de textos
3. Edición de fotos e vídeos
4. Internet e correo electrónico
5. Impresión 3D

NENOS/AS
✗ Manexo do rato e o teclado
✗ Xestión de arquivos e cartafoles
✗ Mecanografía
✗ Procesador de textos (LibreOffice Writer)
✗ Presentacións con Canva
✗ Uso da memoria USB
✗ Configuración do navegador (Google Chrome)
✗ Procura de información e páxinas de interese
✗ ChatGPT
✗ Correo electrónico (Gmail)
✗ Robótica (Scracth, mBlock, MakeCode)
✗ Impresión 3D
✗ Realidade virtual

 

 


TALLERES MÓBILES (HORARIOS) – Mínimo de 6 persoas inscritas/lugar

• A BAIXA: Mércores / 9:30 – 11:00
• A SILVA: Venres / 10:00 – 11:30
• CERCEDA: Mércores / 10:00 – 11:30
• ENCROBAS: Martes / 10:00 – 11:30
• MEIRAMA: Mércores / 11:30 – 13:00
• QUEIXAS: Venres / 10:00 – 11:30
• RODÍS: Martes / 9:30 – 11:00
• XESTEDA: Martes / 11:30 – 13:00

TALLERES MÓBILES (PROGRAMACIÓN) – Realización quincenal

1. Axustes básicos: chamadas, gardar contactos, volume, brillo, tamaño de letra, fondo de pantalla...
2. Axustes avanzados: instalar/desinstalar aplicacións, pantallas, actualizacións, notificacións, datos e wifi, bluetooth...
3. Sergas Móbil: cita médica e É-Saúde
4. Fotos: Google Fotos
5. Localización: Google Maps
6. Whatsapp básico: mensaxes de texto, fotos, emoticonas, eliminar mensaxes...
7. Whatsapp avanzados: mensaxes de voz, videochamadas, localización, opcións de privacidade...
8. Correo electrónico: Gmail
9. Sede electrónica
10. Banca electrónica (simulador)


 >>> Solicitude curso de informática

>>> Solicitude taller móbiles

O IMSERSO abre o prazo para novas solicitudes de turismo dende o 1 de xullo ata o 22 de xullo de 2024

 

Solicitantes:

Persoas residentes en España que reúnan calquera dos seguintes requisitos:

  • Ser pensionista de xubilación do Sistema Público español de Pensións.
  • Ser pensionista de viuvez e ter 55 anos cumpridos.
  • Ser pensionista por outros conceptos ou perceptor de prestacións ou subsidios de desemprego, en todos os casos con 60 anos cumpridos.
  • Ser titular ou beneficiario do Sistema da Seguridade Social, con 65 anos cumpridos.
  • Deberán valerse por si mesmos e non  padecer alteracións de comportamento que impidan a normal convivencia nos hoteis.

 

Para máis información no Departamento de Servizos Sociais ou no teléfono 981 686 068

O Concello de Cerceda recibiu esta mañá cun acto institucional a Miguel Loureiro, futbolista cercedense actualmente nas filas do Huesca, que fixo unha brillante temporada a pasada campaña na segunda división nacional, disputando 40 de 42 xornadas co equipo oscense.

Tivo lugar na mañá de hoxe, venres 28 de xuño, no salón de plenos do Concello e acudiron o alcalde, Juan Manuel Rodríguez, e parte dos integrantes do grupo de goberno e dos demais grupos da Corporación municipal. Tamén asistiron os pais e máis a avoa de Miguel Loureiro, así como outros veciños e veciñas de Cerceda.

O concelleiro de Deportes, Óscar Golán, repasou a traxectoria do deportista cercedense, que pasou por equipos coma o Bergantiños, o Deportivo de La Coruña, o Celta, o Córdoba ou o Andorra, antes de recalar no seu club actual, a S.D. Huesca. Ademais, foi recentemente convocado pola Selección Galega absoluta para xogar o partido amistoso contra Panamá. Golán destacou de Loureiro “a túa humildade, que demostras día a día; e tamén o teu grande esforzo, xunto co da túa familia”.

Loureiro, de 27 anos, amosouse “moi agradecido ao Concello de Cerceda” por este acto de recoñecemento. O futbolista, natural da parroquia de Rodís, afirmou que “este é un recoñecemento moi importante para min. Nunca imaxinei que representaría a Cerceda no fútbol profesional e é todo un orgullo sentir o apoio de todo o pobo comigo”.

Durante a súa intervención, non puido evitar emocionarse ao lembrar “todo o esforzo da miña familia, que me ensinaron dende pequeno a importancia do traballo e do esforzo, que son os que me permitiron estar hoxe aquí”. “Meus pais deixaron de lado os seus soños para que eu puidera facer realidade os meus”, rematou.

O alcalde, Juan Manuel Rodríguez, destacou que “para nós é fundamental poñer en valor o deporte, porque máis alá do éxito, representa o esforzo”. “Miguel Loureiro é un fantástico embaixador do noso concello e unha persoa que leva o nome de Cerceda polo mundo”, subliñou Rodríguez.

Para rematar o acto, o alcalde fixo entrega a Loureiro dunha estatuíña como símbolo da homenaxe; mentres que o deportista entregou ao Concello unha das súas camisetas desta última temporada.

BASES E CONVOCATORIA DE SUBVENCIÓN MUNICIPAIS DESTINADAS A DEPORTISTAS, ENTIDADES CULTURAIS, DEPORTIVAS E ANPAS DO CONCELLO DE CERCEDA PARA O ANO 2024

Convócanse a concesión de subvencións en réxime de concorrencia competitiva, por parte do Concello de Cerceda ás entidades culturais e deportivas, deportistas e ANPAS ao amparo da Ordenanza Xeral de Subvencións do Concello de Cerceda(BOP nº120, 26 de xuño de 2014)

 

>>> Ver documento de bases - BOP 119 20/06/2024 (pdf)

>>> SOLICITUDE DE SUBVENCIÓNS PARA ACTIVIDADES CULTURAIS E DEPEPORTIVAS E ANPAS (pdf)

>>> SOLICITUDE DE SUBVENCIÓNS PARA ACTIVIDADES CULTURAIS, DEPORTIVAS E DEPORTISTAS (pdf)

>>> SOLICITUDE DE PRÓRROGA PARA A XUSTIFICACIÓN DA SUBVENCIÓN PARA ACTIVIDADES CULTURAIS E DEPORTIVAS (pdf)

>>> XUSTIFICACIÓN DA SUBVENCIÓN PARA ACTIVIDADES CULTURAIS E DEPORTIVAS

A Xunta volve poñer en marcha o programa Benestar en Balnearios. Unha experiencia de lecer e saúde destinada aos maiores de Galicia. Este ano como novidade pódense elixir estadías no verán!

Estadías de 10 días en réxime de pensión completa (aloxamento, almorzo, comida e cea) a escoller entre 15 balnearios de Galicia desde xullo ata decembro de 2024.

Dirixido a  persoas maiores de 60 anos (ou pensionistas maiores de 55) e un ou dous acompañantes.

Prazo de inscrición: do 18 de xuño ao 17 de xullo de 2024.

Como e onde se solicita praza?

  • Online: a través da Sede Electrónica da Xunta de Galicia (código de procedemento BS607A)
  • Presencial: en calquera rexistro oficial da Xunta, ou rexistro administrativo ou oficina de Correos. 

>>> Ver ou descargar documento completo

CONSELLERÍA DO MEDIO RURAL - XUNTA DE GALICIA

DOG Núm. 116 Luns, 17 de xuño de 2024 Páx. 36664
ORDE do 3 de xuño de 2024 pola que se determina a época de perigo alto de incendios.


O artigo 9 da Lei 3/2007, do 9 de abril, de prevención e defensa contra os incendios forestais de Galicia establece que, en consideración aos antecedentes e datos históricos sobre
o risco de aparición de incendios forestais en Galicia e sobre a incidencia das variables meteorolóxicas no comportamento do lume, a consellería con competencias en materia
forestal definirá a época de perigo alto, que condicionará a intensidade das medidas que se vaian adoptar para a defensa do territorio de Galicia ...

.../.. Decláranse como época de perigo alto de incendios forestais durante o ano 2024 as datas comprendidas entre o 1 de xullo e o 30 de setembro.

>>> Ver ou descargar documento completo

 

O próximo día 15/07/2024 farase unha nova recollida de plástico agrícola nas diferentes explotación agrícolas e gandeiras do Concello de Cerceda.

O procedemento para solicitar a recollida é o seguinte:

1. Os interesados deben chamar ao 881.04.67.76 para solicitar o servizo indicando a cantidade a recoller e os datos do punto de recollida.
2. O plástico debe estar nun lugar que sexa accesible para o camión encargado da carga con grúa, nun único punto de carga dentro da explotación.
3. O plástico debe estar limpo, sen residuos e atado en fardos (senón é así non se poderá efectuar a recollida)

Con data 12 de xuño de 2024 foi aprobada pola Concelleira de Benestar Social, Igualdade e Comunicación, a listaxe definitiva e de agarda do alumnado admitido na escola infantil municipal "Os Pillabáns" para o vindeiro curso escolar 2024-2025.

Informar ás persoas interesadas que disporán dun prazo de 15 días naturais, que contarán dende a data de recepción da notificación da concesión de praza, para confirmar a matrícula e formalizar o contrato. Deberán presentar a documentación no Rexistro Xeral do Concello ou no departamento de Servizos Sociais, en horario de 9.00h. a 14.00h. e provistos de:

  • Confirmación da matrícula (o impreso será enviado xunto coa notificación da concesión da praza)
  • Contrato asinado (deberá recollerse e asinar previamente no departamento de Servizos Sociais
  • Certificado médico da/o menor, indicando que ten todas as vacinas actualizadas e non padece ningunha enfermidade infecto-contaxiosa
  • DNI orixinal daquelas persoas que queiran autorizar para que poidan recoller aos menores na escola

Se despois de rematar este período non se formalizase o contrato perderá o dereito á praza concedida.

Máis información no Departamento de Servizos Sociais no teléfono 981 68 60 68.

Attachments:
FileFile size
Download this file (240612 listaxe definitiva alumnado 24 25.pdf)240612 listaxe definitiva alumnado 24 25.pdf508 kB

Página 1 de 30