Noticias

Noticias

O Concello de Cerceda reafirma a súa aposta pola creación de novos servizos e o aumento de infraestruturas públicas ao longo e ancho do seu territorio. 

O alcalde, Juan Manuel Rodríguez; e os concelleiros e concelleira Ángel Gestal, María del Carmen Rodríguez e Francisco Boquete visitaron hoxe varias das intervencións en marcha, e tamén a piques de rematar, no concello.

Trátase da creación da nova senda peonil Cerceda-Meirama, á que tan só lle queda por instalar unha baranda metálica e as novas luminarias; a execución da prolongación da senda peonil da Lousa; o camiño en rego asfáltico no Vilar; a creación dunha nova rede de pluviais e un muro de contención no Atrio e as novas beirarrúas na Silva, onde se actuou en 259 metros cadrados de extensión. 

En tanto en canto á primeira, executouse así un tramo de 300 metros de senda peonil con 15 centímetros de formigón coloreado de 2 metros de ancho. Previamente realizáronse tarefas de demolición  da cuneta existente e apertura de zanxas para realizar a instalación de tubaxes e arquetas de sumidoiros para a recollida de pluviais.

Trátase dunha aposta que se une á creación das xa existentes, como poden ser a de Gosende, A Silva-Tablilla ou de San Vicenzo. Tamén están proxectadas a do Roxo ou a de Ribasoutas a Xermar, “e todas elas cun claro obxectivo: fomentar a mobilidade non motorizada e promover os hábitos de vida saudables”, sinala o alcalde, Juan Manuel Rodríguez.

Na Lousa, amplíase a infraestrutura presente nalgo máis de 100 metros, e que presenta un ancho de practicamente dous metros e medio. No Vilar, mellorouse este camiño que da acceso a varias vivendas tras unha demanda veciñal. 

Por outra banda, no Atrio, executouse unha nova rede de pluviais, a creación dun muro de contención e novas beirarrúas que dotarán a este lugar de Cerceda dun servizo co que non contaba ata o dagora. 

No restante, as beirarrúas na Silva, trátase dunha execución, como decíamos con anterioridade, en 259 metros cadrados de novas beirarrúas para incrementar a seguridade peonil.

“Sempre queda por facer, por iso seguiremos traballando con firmeza e determinación, de aí que nos últimos días xa se iniciaran á parte novas actuacións ao longo do territorio”, asume o rexedor cercedense.

 “Nos últimos días, desde o Concello iniciamos a mellora do acceso ao Piñeiro, o camiño en Carracedo e a cuneta transitable en Sucadío. Todos eles son traballos acometidos coa achega económica da Deputación Provincial da Coruña”, finaliza Rodríguez.

O Concello de Cerceda rematará a vindeira semana a execución da senda peonil que une os núcleos de Cerceda e Meirama, nun proxecto que contou cun orzamento total de 117.850 euros e que inclúe tamén o camiño Sucadío-Carballal, o de entrada a Parada, a canalización de pluviais en Atrio, o camiño en Carracedo e o aumento da senda peonil na DP-2405. Enmárcanse no Plan Único 2021 da Deputación da Coruña e finalizaranse nas vindeiras semanas.

Executouse así un tramo de 300 metros de senda peonil con 15 centímetros de formigón coloreado de 2 metros de ancho. Previamente realizáronse tarefas de demolición  da cuneta existente e apertura de zanxas para realizar a instalación de tubaxes e arquetas de sumidoiros para a recollida de pluviais.

“Supón un reforzo ao que se sumará a obra de mellora que ADIF vai a desenvolver a medio prazo na propia estación”, anuncia o alcalde, Juan Manuel Rodríguez. 

 

Melloras na estación de tren 

O pasado mes de novembro, o Concello de Cerceda trasladoulle a ADIF, entidade pública empresarial adscrita ao Ministerio de Transportes, Mobilidade e Axenda Urbana, un informe para acadar as melloras necesarias na estación de tren Cerceda – Meirama. 

A entidade, como resposta, afirmou que “de non mediar imponderables” o vindeiro ano 2024 comezarán as obas coa finalidade de modernizala, mellorando a seguridade e a súa inter operabilidade. 

Instalaranse dous elevadores panorámicos coas súas respectivas pasarelas de unión e unha nova rampla no aparcadoiro para acceso de vehículos e maquinaria de mantemento ao andén, así como unha rampla de acceso peonil. 

Requisitos das/dos usuarias/os

1. Poderán participar no Programa de Termalismo, as personas residentes en España, que reúnan algún dos seguintes requisitos:

  1. Ser pensionista de xubilación ou incapacidade permanente do Sistema de Seguridade Social español.
  2. Ser pensionista de viuvedade con cincuenta e cinco ou máis anos de idade do Sistema de Seguridade Social español.
  3. Ser pensionista por outros conceptos ou perceptor de prestacións ou subsidios de desemprego, con sesenta ou máis anos de idade do Sistema de Seguridade Social español.
  4. Ser asegurado ou beneficiario do Sistema da Seguridade Social español, con sesenta e cinco ou máis anos de idade.

 

Prazo de presentación:

Para participar no proceso de adxudicación de praza:

  1. Para as quendas dos meses de febreiro a agosto, ambos inclusive: ate o día 10 de xaneiro de 2024.
  2. Para as quendas dos meses de setembro a decembro: ate o día 15 de maio de 2024.

Para a súa inclusión na Lista de Agarda de prazas, para cubrir as prazas que vaian quedando vacantes por renuncias ou outras circunstancias:

  1. Para as quendas dos meses de febreiro a agosto, ambos inclusive: ate o día 14 de maio de 2024.
  2. Para as quendas dos meses de setembro a decembro: ate o día 15 de novembro de 2024.

Máis información:

Departamento de servizos sociais. Cita previa 981 68 60 68

O Concello de Cerceda licitou nas últimas semanas importantes intervencións de servizos municipais por valor de 559.764,09 euros, incluídas en 5 proxectos distintos. Constan obras de diferentes tipos, como nun primeiro proxecto con beirarrúas no acceso ao colexio da Silva, na estrada que une este núcleo con Laracha; o camiño que une Carballás con Sandián; un camiño en Trigueira; a senda na zona do Museo da Minaría e un camiño en Arxoeira. Cun orzamento base de licitación dos 162.374,86 euros, melloraranse as infraestruturas mencionadas anteriormente con financiamento con cargo ao Plan Único da Deputación da Coruña.

Por outra banda, executarase a senda da estación Cerceda-Meirama; o camiño que une Sucadío e Caraballal; o camiño de entrada a Parada; a canalización de pluviais en Adro; a ampliación da senda peonil na DP-2405 e a optimización dun camiño en Carracedo. Este compendio de intervencións ten un orzamento base de licitación de 147.010,73 euros, atribuíbles ao POS da Deputación Provincial da Coruña.

Noutras das obras importantes que están en fase de licitación, atópase un novo sistema de depuración na Silva; o saneamento en Longo, Meirama; a instalación de tubaxes de saneamento e abastecemento en Pao do Lobo, en Queixas, por un orzamento base de licitación de 172.884,27 euros, con cargo ao Plan Único da Deputación da Coruña. 

Por último, financiadas a través do AGADER e xa en execución neste momento, está o vial a Sobredafonte desde a AC-409, cun valor de 45.260,11 euros, e a mellora do acceso en Pazos-Adro, en Rodís, cun orzamento base de 32.234,12 euros. 

𝑪𝑶𝑵𝑪𝑬𝑳𝑳𝑶𝑫𝑰𝑿𝑰𝑻𝑨𝑳

concellodixital

  • Cerceda súmase á dixitalización e arranca o seu proceso de modernización administrativa ao abeiro do proxecto Concello Dixital da Deputación da Coruña
  • O plan terá unha duración de tres meses, nos que se acometerán traballos de implantación de novos procedementos electrónicos, accións de formación e optimización dos procesos existentes.
  • O proceso de transformación realízase ao abeiro do proxecto Concello Dixital, impulsado pola Deputación da Coruña para acompañar ás entidades locais no seu proceso de modernización no escenario da administración dixital.
  • O plan terá unha duración de tres meses, nos que se acometerán traballos de implantación de novos procedementos electrónicos, accións de formación e optimización dos procesos existentes.
  • O Concello de Cerceda inicia esta senda da transformación cos deberes xa feitos e moi boa disposición para sumar cidadáns dixitais no seu territorio; a comezos do pasado verán
  • constituíase no municipio a 𝐎𝐟𝐢𝐜𝐢𝐧𝐚𝐝𝐞𝐑𝐞𝐱𝐢𝐬𝐭𝐫𝐨𝐂𝐥@𝐯𝐞 na que os veciños e veciñas xa poden obter súa credencial dixital sen necesidade de desprazarse fóra da súa contorna. O concello,
  • pola súa banda, presta axuda presencial para guiar aos veciñas e veciñas neste proceso e no uso da Sede Electrónica municipal.

 

DEPARTAMENTO DE SERVIZOS SOCIAIS

 

AXUDAS MUNICIPAIS ÁS FAMILIAS PARA OS DESPRAZAMENTOS CON FIN ESCOLAR.

CURSO 2023-2024

PROPOSTA DE LISTAXE PROVISIONAL

 

  • Listaxe das solicitudes CONCEDIDAS:

DNI PERSOA SOLICITANTE

IMPORTE CONCEDIDO

***1982**

250,00€

***1978**

250,00€

***4405**

250,00€

***1017**

250,00€

***3942**

250,00€

***4378**

250,00€

***2391**

250,00€

***4067**

250,00€

***3360**

250,00€

***4169**

250,00€

***6757**

250,00€

***2533**

250,00€

***1399**

250,00€

***1404**

250,00€

***3473**

250,00€

***2563**

250,00€

***2563**

250,00€

***3427**

250,00€

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

  • Listaxe das solicitudes DENEGADAS:

DNI PERSOA SOLICITANTE

OBSERVACIÓNS

***2533**

Non cumpre co requisito do punto 4.1.f) das bases da convocatoria

***4654**

Non cumpre co requisito do punto 4.1.f) das bases da convocatoria

***2102**

Non cumpre co requisito do punto 4.2.b) das bases da convocatoria

***5621**

Non cumpre co requisito do punto 4.2.b) das bases da convocatoria

 

 

As persoas solicitantes dispoñen dun praza do dez (10) días para que aleguen o que no seu dereito consideren oportuno, tal como se establece no artigo 8.c

 

>>> Ver documentación en Sede Electrónica

baner

A través de la convocatoria aprobada por el Real Decreto 616/2017, de 16 de junio, por el que se regula la concesión de subvenciones a proyectos singulares de entidades locales que favorezcan el paso a una economía baja en carbono en el marco del Programa Operativo FEDER de crecimiento sostenible 2014-2020, el Ayuntamiento de Cerceda a ejecutado la obra “Construcción de Senda Peonil en A Silva- A Tablilla”. Un proyecto que tiene por objeto mejorar las condiciones de de movilidad a pie y que está basado en la interconexión de núcleos proximos, articulados alrededor de las principales vías de comunicación.

Este proyecto contaba con un presupuesto inicial de 999.272,67 euros, subvencionando el Instituto para la Diversificación y Ahorro de la Energía 787.832,12 euros.

foto

 

Programa de Actuacións Preventivas do Convenio interadministrativo entre a Consellería do Medio Rural e a entidade local de CERCEDA, para a realización de accións de prevención e defensa contra os incendios forestais durante o ano 2023, cofinanciado parcialmente co Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (FEADER) no marco do Programa de Desenvolvemento Rural (PDR) de Galicia 2014-2020.

 270923 incendios

Composteiros agotados

O Concello de Cerceda en colaboración con Sogama, repartirá unha nova remesa de composteiros domésticos.

composteiro2

A veciñanza que non se fixo cun composteiro na anterior convocatoria, poderá solicitalo a través do teléfono 881.04.67.76.

As unidades son limitadas e entregaránse por estricta orde de solicitude, ata rematar as existencias.

Página 4 de 31