OFICINA TÉCNICA MUNICIPALDada a situación urbanística actual, nun futuro próximo parece lóxico xerar un modelo territorial en Cerceda onde se produza un crecemento do tecido residencial paralelo ao novo desenvolvemento industrial do municipio e tamén ao sistema de equipamentos e servizos de carácter supramunicipal, potenciando tamén infraestruturas de alta prestación que conectan Cerceda coas urbes próximas. A Oficina Técnica Municipal está ao servizo da cidadanía para resolver calquera tipo de dúbida relacionada co urbanismo, a execución de proxectos de edificación ou o ordenamento urbanístico. Do mesmo xeito, compételle todo o relacionado con aqueles traballos realizados por empresas especializadas, pola propia brigada municipal, ou polo alumnado da Escola Taller. Neste último caso, a execución de proxectos constitúe un complemento máis na formación de persoas en situación de desemprego.
Horario: os luns e os mércores de 9.00 a 11.00 horas
Solicite cita previa no teléfono 981 685 001