Servizos de atención persoal e familiar

Prestan un apoio integral e personalizado a todas as persoas ou familias que se atopen ante unha problemática, por diversas causas: por carencias económicas e sociais, por conflitos relacionais, por ausencias, desemprego, desarraigo, toxicomanías, etc.


Un equipo profesional interdisciplinar formado pola traballadora social, unha educadora, intervén conxuntamente cos integrantes de cada unidade de convivencia deseñando vías de resolución das problemáticas que presentan a fin de evitar riscos de desestructuración ou exclusión social

Este programa está dirixido con carácter xeral ás persoas e familias, con atención prioritaria aquelas unidades de convivencia que se atopoen en situación de maior vulnerabilidade, e na que exista a presenza de menores en risco de destención o nas que se identifiquen outros factores que relven unha situación de risco de exclusión social ou pobreza infantil.