Centros municipais de maiores

É un servizo que ten como finalidade facilitarlle á xente maior un envellecemento activo e fomentar a calidade de vida na etapa de vellez previndo posibles situacións de desarraigo ou de exclusión social e promovendo ao máximo a autonomía persoal das persoas maiores.
A través das actividades programadas dende o centro, preténdese facilitar o uso e disfrute dos recursos da comunidade na que vive, achegarse á cultura propia e facilitar un óptimo estado de benestar. CENTRO SOCIAL DA TERCEIRA IDADE DE CERCEDA Ademais dispón para a realización das actividades de centros sociais nas seguintes parroquias de Cerceda.
  • Centro socio-cultural da Silva
  • Centro socio-cultural de Encrobas
  • Centro socio-cultura de Rodis
  • Centro socio-cultural de Meirama
  • Centro socio-cultura de Xesteda
ACTIVIDADES QUE SE OFRECEN
  • Actividades do fomento da calidade de vida e autonomía persoa
    • Talleres de emprego de parques biosaludables
    • Charlas informativas
    • Obradoiros de emprego de mobil
  • Actividades de culturais, convivencia e participación social
    • Viaxes culturais
    • Celebración de festividades (magosto, antroido…)
    • Xantares de convivencia
    • Bailes
  Attachments:
Custo: segundo o establecido na ordenanza reguladora

¡Atención! Este sitio usa cookies e tecnoloxías similares. Pode cambiar a configuración do seu navegador para rechazar o emprego das mesmas. Pode consultar máis información en Información de cookies.

Acepto as cookies para este sitio.
EU Cookie Directive plugin by www.channeldigital.co.uk