Os nosos museos

Inaugurado no ano 2015, quere amosar a gran pegada paisaxística e socioeconómica que supuxo a existencia da Mina de Meirama en Cerceda. Recolle unha pequena explicación tanto da orixe do carbón coma dos seus tipos, relatando posteriormente as repercusións sociais, económicas e laborais que supuxo a aparición de carbón no ano 1974, pasando pola explicación  dos traballos que durante máis de 30 anos se fixeron na Mina de Meirama e rematando coa grande, importante e imprescindible recuperación ambiental de todo o territorio afectado pola actividade mineira.

HORARIOS: de luns a venres de 9.30 a 16. Tardes de luns a venres e mañáns dos sábados: Cita previa (Chamar de luns a venres 9,30 a 16,00 horas).

Picota, 14. Meirama
15188-Cerceda
682 34 85 56 / 981 68 50 01
Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo.

43°12'53.9"N 8°27'01.5"W

https://goo.gl/maps/TEFJKcVeV6q

O xardín botánico constitúe un recanto natural para o paseo e descanso ou para a formación e a reflexión acerca dos espazos naturais, así como para a información sobre a biodiversidade local. Pois nel atopase unha colección das árbores máis representativas do país e unha lagoa, fogar de cisnes e patos salvaxes conectada cunha braña natural.

 

 Aula de natureza

 

Para continuar a xornada formativa sobre o noso entorno natural contamos cun espazo pensado para as actividades de educación ambiental enclavado dentro do xardín botánico, a aula da natureza, formado por un conxunto de paneis, dioramas , ordenadores e figuras modeladas que recrean a biodiversidade da nosa campiña, ríos, encoros, montes…

HORARIOS: de luns a venres de 9.30 a 16. Tardes de luns a venres e mañáns dos sábados: Cita previa (Chamar de luns a venres 9,30 a 16,00 horas).

Parcela do Xardín Botánico. Polígono Industrial do Acevedo. Esquina Avda. do Traballo con Rúa da Innovación.
15185-Cerceda
682 34 85 56 / 981 68 50 01
Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo.


Un museo único e peculiar , inaugurado o 28 de decembro do ano 1994, que homenaxea a unha ave tradicionalmente rexeitada polo que supoñía de mal agoiro. Consta dunha colección de máis de cinco mil pezas que inclúen esculturas e cadros de artistas galegos, libros, e mesmo artigos de ourivería, todo elo presidido por unha grande vidreira policromada, obra de Don Xosé Espona. O Museo conta ademáis con instalacións interactivas para ler, tocar e escoitar todo o relacionado cos mouchos.

HORARIOS: de martes a sábado de 10 a 13 e de 16 a 19 horas.
Visitas colectivas: Cita previa, chamar ao 981 68 62 15 de martes a sábado de 10 a 13 horas.

Edificio de Servizos Múltiples.
Avda de Galicia, 37
15185-Cerceda
981 68 62 15 / 981 68 50 01
Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo.

 

O Ecomuseo de Cerceda, que foi inaugurado no ano 2002, trata de ser sinal de identidade e fiestra deste Concello, amosando a súa riqueza paisaxística, medioambiental, industrial, histórica e humana. Traballando na integración de todos aqueles elementos que poidan dar tanto a súa cidadanía como aos visitantes de Cerceda múltiples matices dunha diferenciada entidade propia. Dende as súas fermosas paisaxes ata as súas tradicións populares, pasando polas súas singulares instalacións enerxéticas, que influiron dun xeito definitivo tanto en Cerceda como na súa contorna inmediata, ou polo seu emblemático centro de ocio acuático, o Aquapark.

HORARIOS: de luns a venres de 9.30 a 16. Tardes de luns a venres e mañáns dos sábados: Cita previa (Chamar de luns a venres 9,30 a 16,00 horas).

Rúa Vila Deportiva Fernando González Laxe, 21-23
15185-Cerceda
682 34 85 56 / 981 68 50 01
Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo.

43°11'22.8"N 8°28'45.5"W
https://goo.gl/maps/oRMBfYv32QT2

 

 

 

 

 

tecnico