O Concello de Cerceda, por medio do seu goberno local, pon á disposición de todas aquelas persoas emprendedoras que desexen poñer en marcha un negocio, empresa ou actividade os medios e recursos precisos para iniciar estes novos proxectos.
É por isto que o Concello lles ofrece a todos os cidadáns e cidadás que teñan un proxecto xerador de emprego a orientación necesaria para tramitaren a documentación que precisen, e o que é mais importante, a colaboración na procura de aquelas axudas que permitan financiar os seus proxectos.
Neste espazo poderás coñecer algunhas destas iniciativas e axudas e informáreste daqueles programas e recursos que estamos a desenvolver co obxectivo de impulsarmos os nosos sectores produtivos.
A aposta por I+D+i é un factor que determinará o futuro máis próximo. Todas aquelas empresas que actúen neste ámbito veranse recompensadas. Mais o desenvolvemento deste tipo de iniciativas tecnolóxicas pasa por unha xestión profesionalizada en emprazamentos determinados. Neste contexto nace o Centro de Desenvolvemento Tecnolóxico de Cerceda.
O Concello de Cerceda ten entre as súas prioridades aplicar e coordinar as ferramentas e os recursos de que dispón ao tecido empresarial cercedense, con fin de colaborar no desenvolvemento económico e na creación de emprego dentro do seu territorio.
¡Atención! Este sitio usa cookies e tecnoloxías similares.
Pode cambiar a configuración do seu navegador para rechazar o emprego das mesmas. Pode consultar máis información en Información de cookies.