Desenvolvemento económico

Dende o Concello de Cerceda facemos unha forte aposta polo desenvolmento económico dando apoio ás empresas e persoas autónomas que desenvolven a súa actividade económica no noso municipio, así como a aquelas que queren emprender un novo proxecto empresarial.
Entre as nosas prioridades tamén está o asesoramento, orientación e formación das persoas en situación de desemprego. Para prestar estes apoio a empresas/persoas autónomas e persoas en situación de desemprego contamos cos seguintes servizos:
- Servizo de promoción económica (Axente de Desenvolvemento Local)
- Servizo de orientación laboral
- Servizo de Apoio a Empresas e Persoas Autónomas
- Viveiro de Empresas Municipal
A área de desenvolvemento económico conta con unha páxina nunha rede social, Emprego e Emprendemento Cerceda, actualizada diariamente con información de interese do ámbito empresarial e do emprego.

O Viveiro de Empresas Municipal ten o obxectivo de favorecer a creación e consolidación de novos proxectos empresariais, contribuindo tamén á xeración de emprego.
Horario de atención ao público: de luns a venres de 8 a 21 horas.
Enderezo: Rúa Innovación, s/n, Polígono Industrial do Acevedo -15185 – Cerceda (A Coruña)
Teléfono: 881 981 553
Correo electrónico:
O Viveiro de Empresas Municipal é unha iniciativa que nace principalmente para dar acubillo a novos proxectos empresariais.
O Viveiro conta de 11 oficinas, 7 naves e espazos comúns como unha sala de reunións, unha aula de formación e unha aula de informática, ademáis dun servizo de recepción.
Se eres emprendedor/a ou tes un negocio industrial con menos de 6 meses de antigüidade pódeste instalar no Viveiro do Concello de Cerceda. Onde tes a túa disposición oficinas e naves para empresas industriais e todos os servizos para o funcionamento do teu negocio (espazos de formación, servizo de reprografía, internet,...)
O Viveiro conta con oficinas que van dende os 25 os 62 metros cadrados e naves dende dende 47 a 72 metros cadrados. Dende 3 euros metro cadrado podes dispor dun espazo para a túa empresa.
Espazos comúns
Recepción
Vista xeral do interior do edificio
Aula de formación-Salón de actos
Aula de informática
Sala de reunión
Oficinas
Oficina 2
Oficina 3
Oficina 9 (Temporalmente aula de formación)
Oficina 10
Oficina 11
Se queres ver máis ponte en contacto con nós e amosámosche as nosas intalacións.