Deporte

Á marxe dos indubidables beneficios que lle reporta á nosa saúde, tanto a nivel físico como psicolóxico, hoxe a práctica do deporte ten tamén unha relevante dimensión social e cultural, transmisora de valores e válida como instrumento de educación e de integración.
O Concello de Cerceda, co obxecto de fomentar o deporte entre a súa cidadanía e apoiar o deporte de base, destina unha parte importante do seu orzamento ao deseño dunha programación deportiva multidisciplinar e ao mantemento da súa rede de equipamentos deportivos.
Esta, que conta na actualidade cunha serie de instalacións de gran calidade e cunha ampla dotación de servizos, seguirá ampliándose nun futuro próximo coa incorporación inmediata doutras novas, caso do complexo deportivo de pádel.
Neste espazo, ademais de achegarche toda a información relativa a estas actividades, poderás coñecer algo máis sobre os nosos equipos e clubs deportivos, hoxe referentes para a xente máis nova do noso municipio e embaixadores do deporte que facemos en Cerceda.