Espazos para a cultura

Tanto se vives aquí como se vés de visita, en Cerceda atoparás unha ampla rede de espazos e equipamentos culturais pensados para que lle saques todo o proveito ao teu tempo de ocio.

Rede Municipal de Bibliotecas

BIBLIOTECA MUNICIPAL DE CERCEDA
Praza da Cultura, 1
Teléfono: 981 685 253
Horario: de luns a sábados de 15 a 20 horas


BIBLIOTECA MUNICIPAL DA SILVA
R/Celso Emilio Ferreiro, s/n
Teléfono: 981 692 588
Horario: martes, xoves e venres de 15:30 a 20 horas

AULA DE LECTURA DE MEIRAMA
Lugar da Picota
15185 Cerceda
Horario: luns e mércores de 16 a 19.30 horas

Unha das finalidades da acción cultural municipal reside na recuperación de espazos para a lectura e na posta en marcha de iniciativas que incidan na súa promoción e dinamización.
Con este obxectivo deséñase a Rede Municipal de Bibliotecas, que está integrada pola Biblioteca Municipal de Cerceda, a Biblioteca Municipal da Silva e a Aula de Lectura de Meirama.
Estes centros ademais de ofrecer un servizo público de préstamo de libros, tanto en sala como a domicilio, tamén desenvolven campañas de promoción e dinamización da lectura. Ademais, as bibliotecas municipais de Cerceda e da Silva dispoñen de equipamentos informáticos a disposición dos/as usuarios/as e están integradas na Rede Galega de Bibliotecas.

 

Os nosos museos

A rede de museos do Concello de Cerceda está integrada polo Museo do Moucho e o Ecomuseo.

Museo do Moucho

MUSEO DO MOUCHO
Avenida de Galicia, 39
Teléfono: 981 686 215


Inaugurado o 24 de decembro de 1994, conta na actualidade con máis de 5.000 pezas que inclúen esculturas, cadros de pintores galegos, libros e artigos de xoiería, ademais dunha gran vidreira policromada de José de Esprona na que figura un enorme moucho na árbore do paraíso.
O museo conta, á súa vez, con instalacións interactivas que permiten ao visitante ver, tocar e escoitar o mundo destas particulares aves. Para realizar unha visita é preciso concertar cita previa chamando ao 981 686 215.

Ecomuseo

Trátase dun museo interactivo que nos permite descubrir as características do noso medio natural e coñecer a historia e a evolución da sociedade e da economía de Cerceda no último século. As visitas deberanse concertar previamente no 981 685 001.

 

Auditorio

AUDITORIO MUNICIPAL
Avenida Fernando González Laxe
Teléfono: 981 686 209

O auditorio municipal de Cerceda, integrado no edificio municipal do Centro Cívico, conta cun aforo de 196 persoas, equipos de son e iluminación, dous camerinos con espello, luz e auga, e vestiarios masculino e feminino.
Neste espazo desenvólvense o programa anual de teatro anual e diferentes actividades e encontros como a Cabalgata de Reis, a Gala do Deporte, etc...