Para acadar os nosos obxectivos o Concello de Cerceda estrutura a súa programación nunha serie de actuacións/programas culturais que se desenvolven ao longo de todo o ano.
As nosas propostas de traballo son as seguintes:
- Programa de actividades socioculturais, a nosa proposta inclúe: Obradoiro de Pintura e Manualidades, Obradoiros de Memoria nas parroquias de Meirama e Rodís, Curso de formación inicial de persoas adultas, Obradoiro de lingua inglesa (dirixido ao alumnado dos centros escolares) e a Escola de Música e Baile municipal; unha actividade que se ven consolidando e na que participan un total de 100 nenas e nenos do noso concello.
- Programa de dinamización cultural: A través desta proposta queremos achegar a toda a poboación diferentes actividades de promoción e difusión cultural en épocas concretas do ano. Destacamos:
- Nadal en Cerceda: nos meses de decembro e xaneiro
- Tempo de Entroido: meses de febreiro ou marzo
- Primavera das Letras: nos meses de marzo a maio. Celebramos o Día do Libro e as Letras Galegas cunha proposta variada de actividades como, por exemplo, a presentación do Calendario dos Recordos, exposicións, certames escolares
- Proxecto AnimaLectura_Cerceda: cunha programación de actividades de animación do libro e da lectura na Rede de Biliotecas municipal. O noso proxecto foi recoñecido, en recentes convocatorias, no Concurso María Moliner.
- Cultura, en familia, programación específica de música e teatro dirixida a toda a poboación, e que se desenvolve nos meses de outubro e novembro
- Os nosos museos, unha programación específica para dar a coñecer e divulgar os museos dos que dispón o noso concello a través dunha proposta de visitas didácticas “Facemos Concello”; esta proposta complétase co programa de exposicións da Sala municipal de Exposicións Xosé Neira Vilas ao longo do ano.
- Así mesmo, o Concello de Cerceda non perde a ocasión de celebraras noas festas tradicionais como a Feira das Nenas (terceiro domingo do mes de abril) e a Festa do Cochiño (último sábado do mes de xullo) e tamén apoiar, as festas que se desenvolven nas diferentes parroquias ao longo de todo o ano (calendario de festas parroquiais)