Os próximos días 9 e 16 de novembro de 2022 farase unha nova recollida de plástico agrícola nas diferentes explotación agrícolas e gandeiras do Concello de Cerceda.
O procedemento para solicitar a recollida é o seguinte:
Os interesados deben chamar ao 881.04.67.76 para solicitar o servizo indicando a cantidade a recoller e os datos do punto de recollida.
A recollida farase tendo en conta a ruta e a capacidade dispoñible no camión.
O plástico debe estar nun lugar que sexa accesible para o camión encargado da carga con grúa.
O plástico debe estar limpo, sen residuos e atado en fardos (senón é así non se poderá efectuar a recollida)