Artigos

Listaxe provisional do alumnado admitido na Escola Infantil Municipal. Curso 2021-2022

Rematado o prazo de presentación de solicitudes de ingreso na Escola Infantil Municipal “Os Pillabáns” e unha vez valoradas todas elas, formúlase a proposta da listaxe do alumnado admitido, en agarda e a relación das prazas dispoñibles para o curso 2021-2022

Tendo en conta o alumnado en agarda, solicitouse á Consellería de Política Social unha modificación substancial para o curso escolar 2021-2022, de forma que, a unidade de atención de 0-1 cambiara a unha unidade de agrupación 0-2 e a unidade de  1-2 cambiara a unidade de agrupación 0-3. Coa concesión desta modificación, xa non hai alumnado en listaxe de agarda.

Informar ás persoas solicitantes que de acordo co artigo 19 do Regulamento da Escola Infantil Municipal, poderán efectuar as reclamacións que consideren oportunas no prazo de 10 días naturais que contarán a partir da data de exposición pública da listaxe provisional na paxina web do Concello.

Máis información no Departamento de Servizos Sociais ou no teléfono 981 686 068