Artigos

"BOS DÍAS COLE" CURSO 2020 - 2021

Dende o departamento de Servizos Sociais, Igualdade e Participación cidadá, ábrese o prazo para solicitar a participación no servizo "Bos Días Cole", para o vindeiro curso 2020/2021. O prazo de solicitude é do 1 ao 15 de xullo.

Para mais información pódese chamar ao 981 68 60 68.

As solicitudes están dispoñibles como adxunto nesta publicación, ou ben no departamento de servizos sociais situado no 3º andar do edificio municipal.