Servizos para a diversidade funcional, a dependencia e a accesibilidade

Trátase dun servizo de recursos ou prestacións sociais que teñen como fin ofrecer o apoio individualizado que favoreza a autonomía persoal e social dos veciños e veciñas en situacións máis desprotexidas con especial atención a menores, maiores ou persoas con algunha discapacidade ou con escasos recursos persoais e habilidades evitando o desarraigo familia, da veciñanza, e da contorna.


    

Realiza  unha acción social globalizadora e polivalente, dirixida ao conxunto da poboación do Concello de Cerceda e que teñen por obxecto promover e posibilitar o desenvolvemento do benestar social de toda a cidadanía. Son prestados por equipos interdisciplinarios dependentes dos concellos e da Mancomunidade de Municipios da Comarca de Ordes.