Servicios sociales

PROGRAMA DE ESTIMULACIÓN COGNITIVA

En continuidade con una serie de accións formativas realizadas por ACOPROS, en colaboración co Concello de Cerceda, esta aberto o prazo para anotarse no “ Programa de Estimulación Cognitiva”. Este programa empezaría a partir do 19 de abril, e esta dirixido a todas as persoas interesadas, a partir de 55 anos. As sesións de estimulación serían semanais en sesións de 45 minutos, con obxectivos individualizados de estimulación. Para anotarse ou mais información, pode facerse no departamento de Servizos Sociais Municipais, telf : 981 68 60 68 Attachments:
programa de estimulación cognitiva.pdf

CHARLA " PREVENCIÓN DA DEMENCIA"

Este sábado día 10 de abril, tivo lugar no Viveiro de Empresas, unha Charla Informativa sobre a Prevención da Demencia, a cal acudiron persoas interesadas na temática. Para próximas charlas informativas ou outro tipo de accións sobre a temática poden contactar cos servizos sociais municipais no telf. 981 68 60 68   Attachments:
IMG-20210410-WA0004.jpg
IMG-20210410-WA0007.jpg
IMG-20210410-WA0010.jpg

Solicitude de participación no " Programa de axuda alimentaria ás persoas máis desfavorecidas 2021".

Solicitude de participación no Programa de axuda alimentaria ás persoas máis desfavorecidas 2021 Dende o departamento de servizos sociais, informase que dende o martes día 13, ata o mércores día 21 de abril 2021, ábrese o prazo para participar no Programa de Alimentos de Cruz Vermella 2021: “ayuda alimentaria del Fondo de Ayuda Europea para las Personas Más Desfavorecidas (FEAD).” Para solicitar a participación no programa de alimentos, debese de entregar nas oficinas do rexistro municipal, a solicitude que figura anexa, coa documentación que se require. Para mais información pódese contactar co telf: 981 68 60 68 Attachments:
SOLICITUDE PRIMER REPARTO 2021.pdf

REPARTO DA AXUDA ALIMENTARIA ÁS PERSOAS MAIS DESFAVORECIDAS 2020

Dende o Departamento de Benestar Social, Igualdade e Comunicación, esta semana realizouse o reparto da axuda alimentaria, que se recibe do fondo de axuda europea, entre as familias que previamente o solicitaran. Nos vindeiros meses volverase a publicar a convocatoria, para que o poidan solicitar todas as persoas que sexan susceptibles de poder recibir dita axuda. Para mais información poden contactar co departamento de servizos socias 981 68 60 68.

CONVOCATORIA EXTRAORDINARIA DE AXUDAS MUNICIPAIS Á ESCOLARIZACION CURSO ESCOLAR 2020/2021

Por Decreto da Alcaldía-Presidencia de 23/11/2020, adoptouse o acordo de aprobación das bases reguladoras da con-vocatoria de axudas municipais á escolarización curso escolar 2020/2021, que se transcriben de seguido, e que se publican os efectos de inicio de prazo de solicitude.   Prazo de presntación das solicitudes: do 27 de novembro ó 3 de decembro   Mais información no Departamento de Servizos Sociais no teléfono 981 686 068   BASES REGULADORAS DA CONVOCATORIA Attachments:
ANEXO III- XUSTIFICACIÓN.pdf
Solicitude

Programa de axuda alimentaria ás persoas máis desfavorecidas 2020

Solicitude de participación no Programa de axuda alimentaria ás persoas máis desfavorecidas 2020 Dende o departamento de servizos sociais, informase que dende o luns día 7, ata o mércores día 23 de decembro, ábrese o prazo para participar no Programa de Alimentos de Cruz Vermella 2020: “ayuda alimentaria del Fondo de Ayuda Europea para las Personas Más Desfavorecidas (FEAD).” Para solicitar a participación no programa de alimentos, debese de entregar nas oficinas do rexistro municipal, a solicitude que figura anexa, coa documentación que se require. Para mais información pódese contactar co telf: 981 68 60 68 Attachments:
ANEXO 1 .pdf

SUSPENSIÓN DO PRAZO DE SOLICITUDE DAS AXUDAS MUNICIPAIS PARA TRANSPORTE ESCOLAR. CURSO 2020-2021

Con data 19/10/2020 publicaronse as bases das axudas municipais para transporte escolar no Boletín Oficial da Provincia da Coruña (BOP) número 174 comezando así, o prazo de presentación das solicitudes sendo de 15 días hábiles a contar a partir do día seguinte á publicación. Unha vez publicadas as bases detectaronse erros en varios puntos das mesmas motivo polo cal, con data 25/10/2020 a Concelleira de Benestar Social, Educación e Igualdade aprobou por decreto a suspensión do prazo de presentación das solicitudes que está vixente. O Departamento de Servizos Sociais procederá á elaboración dunhas novas bases que serán aprobadas polo órgano competente para a súa posterior publicación no BOP. Así mesmo, informar ás persoas interesadas que as solicitudes que xa foron presentadas no prazo actual teranse en conta e serán valoradas para a súa resolución.   Máis información no Departamento de Servizos Sociais no teléfono 981 686 068

BOS DÍAS COLE - CURSO ACADÉMICO 2020/2021

Dende o Departamento de Benestar Social, Igualdade e Comunicación, informase as persoas solicitantes,de que o programa de Bos dias Cole 2020/2021, dará comezo ao inicio do curso escolar, no CPI " O Cruce". A prestación do servizo, esta suxeita a que poida realizarse sempre e cando o permita a situación epidemiolóxica COVI-19. No caso de precisar praza ao longo do curso escolar, poden informarse no terceiro andar do edificio municipal, no departamento de servizos sociais. Ou ben chamando ao 981 68 60 68.

Publicación da listaxe provisional do alumnado admitido na EIM para o curso 2020-2021

Rematado o prazo de presentación de solicitudes de ingreso na Escola Infantil Municipal “Os Pillabáns” e unha vez valoradas todas, a concelleira de benestar social, igualdade e participación cidadá, Catrina Queijo García, aprobou a relación provisional do alumnado admitido por unidade de atención. Informar ás persoas solicitantes que de acordo co artigo 19 do Regulamento da Escola Infantil Municipal, poderán efectuar as reclamacións que consideren oportunas no prazo de 10 días naturais que contarán a partir da data de exposición pública da listaxe no taboleiro de anuncios municipal. Para máis información no Departamento de servizos sociais ou no teléfono 981 68 60 68 Attachments:
LISTAXE PROVISIONAL CURSO 2020-2021.pdf

"BOS DÍAS COLE" CURSO 2020 - 2021

Dende o departamento de Servizos Sociais, Igualdade e Participación cidadá, ábrese o prazo para solicitar a participación no servizo "Bos Días Cole", para o vindeiro curso 2020/2021. O prazo de solicitude é do 1 ao 15 de xullo. Para mais información pódese chamar ao 981 68 60 68. As solicitudes están dispoñibles como adxunto nesta publicación, ou ben no departamento de servizos sociais situado no 3º andar do edificio municipal.   Attachments:
AUTORIZACIÓN DA RECOLLLIDA 2020 21.pdf
SERVIZO BOS DÍAS COLE 2020-2021.pdf
SOLICITUDE NORMALIZADA PROGRAMA BOS DÍAS COLE 2020 - 2021.pdf

¡Atención! Este sitio usa cookies e tecnoloxías similares. Pode cambiar a configuración do seu navegador para rechazar o emprego das mesmas. Pode consultar máis información en Información de cookies.

Acepto as cookies para este sitio.
EU Cookie Directive plugin by www.channeldigital.co.uk