Noticias

Noticias

VIVEIRO INDUSTRIAL DE EMPRESAS DO CONCELLO DE CERCEDA

O concello de Cerceda ten aberto ata o 30 de xuño, o prazo para solicitar un espazo no viveiro industrial de empresas.

Se eres emprendedor/a ou tes un negocio industrial, con menos de 6 meses de antigüidade, pódeste instalar no noso viveiro. Poñemos a túa disposición oficinas e naves para empresas industriais e todos os servizos para o funcionamento do teu negocio.

Para mais información dirixirse a axente de desenvolvemento local do Concello de Cerceda.

O Concello de Cerceda, a través do INEGA co cofinanciamento dos fondos FEADER, ven de executar os seguintes proxectos de enerxías renovables:

  • O Concello de Cerceda executou un proxecto de Instalación de colectores solares para quentamento de AQS no campo de fútbol municipal das Encrobas. A obra foi financiada pola convocatoria do INEGA para proxectos de enerxías renovables na anualidade 2016. A axuda concedida é de 5.701,12 € e conta co finaciamento da Unión Europea.
  • O Concello de Cerceda executou un proxecto de Instalación de colectores solares para quentamento de AQS no campo de fútbol municipal de Queixas. A obra foi financiada pola convocatoria do INEGA para proxectos de enerxías renovables na anualidade 2016. A axuda concedida é de 5.701,12 € e conta co finaciamento da Unión Europea.

Dentro do Plan Marco : Mellora de camiños municipais de acceso a explotacións agrarias 2016, subvencionado pola Consellería de Medio Rural, e financiado polo Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (FEADER) o Concello de Cerceda executou o proxecto “Camiño de Brazal- Límite e outros”. Neste proxecto executáronse as obras de mellora dos camiños Brazal- Límite, Cabalar a Aruxeira, Aruxeira a Gándara e camiño de Belsar.

O pasado sábado, 13 de xuño, quedou constituída a nova Corporación municipal tras as eleccións do 24 de maio. A composición queda do seguinte xeito:

Grupo municipal do PSG-PSOE: 7 concelleiros/as

  • D. José García Liñares, Alcalde-Presidente
  • D. Antonio Lozano García
  • Dna. María Viqueira Iglesias
  • D. Jesús Rama Bello
  • Dna. Matilde Begoña Rodríguez Rumbo
  • D. Francisco Javier Boquete Cambón
  • Dna. Cristina Capelán Cancelo

Grupo municipal do PP: 4 concelleiros/as

  • D. José Francisco Santos Regueiro
  • D. Juan José Boquete Carnota
  • Dna. Pilar Amor Mallo
  • Dna. Gloria Bocija Louro

Grupo municipal do BNG: 2 concelleiros/as

  • Dna. Rocío da Igrexa Prego
  • D. Alberte Sánchez Regueiro

Con data 29 de xuño de 2022 foi aprobada pola Concelleira de Benestar Social, Igualdade e Comunicación, a listaxe definitiva do alumnado admitido na escola infantil municipal "Os Pillabáns" para o curso escolar 2022/2023.

Informar ás persoas interesadas que disporán dun prazo de 15 días naturais, que contarán dende a data de recepción da notificación da concesión da praza, para confirmar a matricula e formalizar o contrato. Deberán presentar a documentación no Rexistro Xeral do Concello, en horario de 9.00h. a 14.00h. e provistos de:

  • Confirmación da matrícula
  • Contrato asinado (deberá recollerse e asinar previamente no departamento de Servizos Sociais)
  • Certificado médico do/a menor, indicando que ten todas as vacinas actualizadas
  • DNI orixinal daquelas persoas que queiran autorizar para que poidan recoller aos menores na escola

Se despois de rematar este período non se formaliza o contrato perderan o dereito á praza concedida.

Máis información no Departamento de Servizos Sociais ou no teléfono 981 68 60 68

Unha vez rematado o prazo de solicitudes para a renovación de praza e de solicitudes de nova praza para a escola infantil municipal "Os Pillabáns" para o curso 2022-2023, todas as solicitudes foron baremadas de acordo co establecido no artigo 14 do Regulamento da escola infantil municipal (publicado no BOP da Coruña número 231, do 5 de decembro de 2017).

Recordamos que os criterios de prioridade para a adxudicación das prazas son os seguintes:

1º- Alumnado con renovación de praza

2º- Fillos/as de persoal traballador da escola infantil

3º- Solicitantes con irmáns con praza renovada no centro

4º- Resto de solicitudes segundo puntuación acadada unha vez aplicado o baremo, valorando en primeiro lugar os menores empadroados en Cerceda, en segundo lugar os que non están empadroados pero que algún dos titores acredita o seu posto de traballo no termo municipal e en terceiro lugar o resto de solicitudes.

 

As persoas interesadas disporán dun prazo de 15 días hábiles, a contar a partir do día seguinte hábil desta publicación, para presentar as reclamacións que consideren oportunas contra esta resolución provisional.

Máis información no Departamento de Servizos Sociais ou no teléfono 981 68 60 68

Con data 27/10/2021 a Xunta de Goberno Local aprobou a listaxe definitiva das axudas concedidas para adquisición de material informático para o curso 2021/2022.

Vistos varios erros nos importes da resolución definitiva, a Xunta de Goberno Local de data 10/11/2021 aprobou a listaxe definitiva corrixida.

 

Informar as persoas interesadas que o prazo de xustificación se amplía ata o 22/11/2021 para presentar a documentación xustificativa do gasto realizado. Para as demais persoas beneficiarias que nonse viron afectadas por esta corrección, o prazo de xustificación remata o 16/11/2021.

Mais información no Departamento de Servizos Sociais.

Rematado o prazo de presentación de solicitudes e valoradas, de acordo coas bases, polo persoal técnico do Departamento de Servizos Sociais, comprobase que non hai solicitudes pendentes de emendar documentación, polo que, de acordo co punto 9 das bases, formulase a proposta de resolución definitiva.

O importe total concedido non excedería o total de crédito retido para esta finalidade, polo que, de acordo co punto 3 das bases, tamén se propón para a concesión das axudas as solicitudes que inicialmente non foron consideradas como concedidas por superar os ingresos esixidos.

Con data 27/10/2021 a Xunta de Goberno Local aprobou dita resolución.

Informar ás persoas interesadas que de acordo co punto 10.1 das bases da convocatoria,  disporán  de  prazo dende o día  1 ao 16 de novembro de 2021 para presentar, no Rexistro Xeral do Concello de Cerceda, a documentación xustificativa do gasto realizado. Pasado dito prazo sen que a persoa interesada presente a documentación requirida entenderase que renuncia a axuda e procederase ao reintegro da axuda.

Máis información no Departamento de Servizos Sociais no teléfono 981686068

Página 26 de 31