Situado nunha parcela de 200.000 metros cadrados onde están situados o centro de desenvolvemento tecnolóxico, a aula da natureza e o viveiro, encádrase a nova lagoa de 1.500 metros de lámina de auga na que conviven, cisnes brancos e negros, cisnes negro de colo branco, cerceta bicolora, parrulos mandarines e carolines ademais de parrulos culleres.
Para a instalación das lagoas houbo que impermeabilizar os vasos e crear a circulación da auga a unha velocidade moderada. Ademais complementouse con varias pasarelas de madeira e de distinta funcionalidade: por unha parte, permitir o percorrido do público pola parte acuática e achegarse tamén ata a braña, sempre en total respecto co medio natural, e por outra, unha zona algo máis contemplativa.
En canto ao xardín botánico dicir que hai coníferas, algunha especie exótica, árbores, arbustos, frondosas...
Tanto o xardín Botánico coma a lagoa permanecerán abertas ao público de 10:30 da mañá a 18:00 da tarde de forma ininterrompida, sobre todo nos meses de verán.
Na Piscina Climatizada de Cerceda acometeuse unha instalación fotovoltaica de autoconsumo, financiada pola Instituto Enerxético de Galicia (INEGA) ao abeiro da Resolución do 2 de maio de 2019, pola que se regulan as bases que rexerán o procedemento de concesión de axudas a proxectos de enerxía fotovoltaica, cofinanciados polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional no marco operativo Feder Galicia 2014-2020 e se procede a súa convocatoria en réxime de concorrencia competitiva para o ano 2019 (DOG núm. 93 do 16/05/2019).
Publícase a acta final do tribunal calificador, con data 18 de setembro de 2019, do proceso selectivo para a creación dunha bolsa de emprego de operaria/o do servizo de medio ambiente en réxime laboral temporal.
File | File size |
---|---|
acta final bolsa medio ambiente setembro 2019.pdf | 113 kB |
O Concello de Cerceda fai un chamamento á Concentración no Día Internacional da Muller no Campo da Feira ás 12h.
#igualdade #moitoporconstruir
Por Decreto da Alcaldía – Presidencia 818/2018, de 07 de decembro, aprobouse a resolución da Convocatoria pública de subvencións municipais a deportistas e ás entidades culturais e deportivas para a realización de actividades no ano 2018 (BOP núm. 210, de 5 de novembro de 2018). Accede a resolución íntegra dende esta nova. As entidades e persoas físicas beneficiarias terán ata o próximo 17 de decembro de 2018 para achegar a documentación xustificativa das ditas axudas concedidas.
Accede dende aquí a documentación para facer a xustificación que tamén está dispoñible nas Oficinas xerais do Concello.
File | File size |
---|---|
DOCUMENTACION XUSTIFICACION DEPORTISTAS.pdf | 148 kB |
DOCUMENTACIÓN XUSTIFICACIÓN ENTIDADES.pdf | 149 kB |
Resolucion2018_web.pdf | 158 kB |
O Concello de Cerceda vén de publicar no Boletín Oficial da Provincia as bases da Convocatoria 2018 das Subvencións a deportistas e a entidades culturais/deportivas para a realización de actividades neste exercizo. O prazo de solicitude permanecerá aberto dende o 06 ao 20 de novembro (ambos incluídos) e a documentación estará dispoñible nas oficinas xerais do concello e na páxina web municipal.
As subvencións que son obxecto desta convocatoria en materia de actividades socioculturais e deportivas e as bolsas para deportistas efectuaranse con cargo ás partidas orzamentarias que a continuación se especifican, e co límite da súa consignación orzamentaria:
Obxecto | Aplicación orzamentaria | Límite orzamentario |
Actividades culturais | ||
Actividades deportivas |
Serán obxecto de subvención as actividades ou investimentos que se leven a cabo dentro do ámbito municipal que teñan por fins os seguintes:
- Dinamizar a xuventude do Concello.
- Promocionar a cultura e o benestar social do Concello.
- Promocionar o deporte, o exercicio físico, o coidado da saúde etc.
- Apoiar as carreiras dos e das deportistas de Cerceda.
En xeral, non serán obxecto de subvención as actividades que se desenvolvan fóra do termo municipal, agás aquelas que sexan consecuencia de intercambios deportivos ou culturais ou a participación en campionatos. Así mesmo, no caso dos/as deportistas deberán acreditar documentalmente a participación efectiva nas competicións/xornadas/campus deportivos nos que se queiran xustificar gastos de desprazamento, aloxamento e/ou manutención mediante os correspondentes xustificantes de asistencia ou participación. Non se subvencionarán os gastos, como comida ou bebidas, destinados a organización dos campionatos ou actividades para as que se solicita a subvención.
Os gastos susceptibles de subvención serán os que se realicen no período comprendido entre o 1 de xaneiro ao 17 de decembro de 2018.
Entidades ou persoas beneficiarias.- Poderán ser beneficiarias as entidades públicas ou privadas que estean na situación que fundamenta a concesión da subvención, que cumpran o disposto no artigo 13 da Lei 38/2003 e que reúnan os seguintes requisitos:
2. Non poderán acceder á concesión das subvencións municipais reguladas na presente convocatoria as seguintes entidades:
DOCUMENTACIÓN SOLICITUDE: Dispoñible nas Oficinas Xerais do Concello e na páxina web municipal.
Documentación solicitude das Entidades culturais ou deportivas:
Documentación solicitude dos/as Deportistas non profesionais:
Presentación de solicitudes, prazo e documentación:
As entidades culturais ou deportivas, e, os/as deportistas non profesionais deberán solicitar a subvención no prazo de 15 días naturais, que contarán a partir do día seguinte ao de se publicar esta convocatoria no Boletín Oficial da Provincia, ben por presentación telemática na Sede electrónica municipal do Concello de Cerceda (https://sede.cerceda.es) ou presencial no Rexistro xeral do Concello de Cerceda e demais formas establecidas no artigo 16.4 da Lei 39/2015 de Réxime Xurídico das Administracións Públicas e do Procedemento administrativo común.
File | File size |
---|---|
0_2018_Bases convocatoria.pdf | 167 kB |
1Formulario Solicitude 2018_Entidades.pdf | 559 kB |
2Formulario Solicitude_Deportistas.pdf | 574 kB |
Solicitude nova praza na escola infantil
Solicitude renovación praza na escola infantil
Solicitude reserva de instalacións deportivas
(Programa verán saudable 2023)
Solicitude alta Piscina/Ximnasio Municipal
Solicitude baixa Piscina/Ximnasio Municipal
Solicitude de axudas á natalidadeSolicitude de axudas á natalidade
Solicitude de inscricións de entidades no Rexistro do Concello de Cerceda
Solicitude actividades deportivas e culturais 2023/24
Solicitude campamentos de verán 2023
Solicitude campamentos de nadal 2023
Página 24 de 30
Concello de Cerceda
Validación W3C
Validación WAI-AA
[ : ; = · ] : rop bew oñesed