Noticias

Resolución das axudas municipais para desprazamentos con fin escolar. Curso 2022-2023

Rematado o prazo de presentación da documentación requirida para as axudas municipais para os desprazamentos con fin escolar,  o persoal de servizos sociais elaborou a listaxe definitiva coa relación das axudas concedidas ás persoas solicitantes que reúnen os requisitos de acordo coas bases da convocatoria e as denegadas por non cumprir con ditos requisitos.

O importe total concedido non excedería o total de crédito retido para esta finalidade, polo que, de acordo co punto 2 das bases, tamén se propón para a concesión das axudas as solicitudes que inicialmente non foron consideradas como concedidas por superar os ingresos esixidos, de menor a maior renta per cápita,  ata esgotar o crédito dispoñible.

Con data 23/11/2022 a Xunta de Goberno Local aprobou dita resolución.

Informar ás persoas interesadas que dada a especifidade desta convocatoria, enténdese que a xustificación se cumpre coa presentación da documentación esixida para poder ser persoa beneficiaria da axuda, polo que, non teñen que presentar ningunha outra documentación xustificativa.

Máis información no Departamento de Servizos Sociais no teléfono 981686068

Attachments:
FileFile size
Download this file (LISTAXES DAS SOLICITUDES CONCEDIDAS E DENEGADAS.pdf)LISTAXES DAS SOLICITUDES CONCEDIDAS E DENEGADAS.pdf166 kB