Noticias

PLAN DE ACCIÓN POLO CLIMA E A ENERXÍA SOSTENIBLE

171121 clima

O Concello de Cerceda está inmerso na elaboración do Plan de Acción polo Clima e a Enerxía (PACES), unha iniciativa europea na que os gobernos locais e rexionais comprométense de forma voluntaria a implantar no seu territorio os compromisos en materia de clima e enerxía da UE.

O Concello de Cerceda adheriuse o pasado mes de marzo ao Pacto das Alcaldías para o Clima e a Enerxía. O Pacto foi lanzado en Europa no ano 2008 e reúne a máis de 10.000 autoridades locais pertencentes a preto de 60 países de todo o mundo. Está coordinado en Galicia pola Xunta, a través da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda.

Entre os compromisos que se adquiren está reducir en, polo menos, un 40% as emisións de CO2 no Concello, partindo do ano de referencia o 2015. Ademais de aumentar a capacidade de resiliencia do Concello mediante a adaptación ao cambio climático.

Á súa vez, o primeiro obxectivo básico apóiase en dous complementarios:

    • Minimizar o consumo enerxético no municipio. Con especial incidencia no consumo eléctrico e de combustibles fósiles, especialmente o gasóleo A.

    • Incrementar o nivel de implantación das enerxías renovables. Existindo unha ampla marxe de mellora e oportunidade considerando o contexto ambiental e socioeconómico.

O equipo de goberno puxo en marcha os traballos previos para deseñar un plan de actuación propio e que está financiado a través dunha axuda da Consellería de Medioambiente, Territorio e Infraestruturas. Nos últimos meses se leva traballando na elaboración dun Inventario de Emisións de Referencia (IER) e nunha avaliación de riscos e vulnerabilidades derivados do cambio climático. Esta semana presentáronse os resultados nunha sesión de traballo co equipo de goberno, na que se identificaron ademais as principais accións que formarán parte do Plan de Acción para a Enerxía Sostible e o Clima (PACES).