Os Bolechas terrícolas visitan Cerceda este domingo 10 de febreiro dentro do programa FalaRedes

Os Bolechas están a mirar o ceo, que está cheo de estrelas, e pregúntanse se haberá extraterrestres noutras galaxias… Pronto descubrirán que os hai e que están moito máis preto do que cren: ao seu carón! Un extraterrestre chega á Terra disposto a invadila, xa que os terrícolas non a coidamos nin gozamos dela como deberiamos: contaminámola, pelexamos… Así que os Bolechas, coa axuda do público, deberán demostrarlle ao extraterrestre que somos quen de coidar o noso planeta e vivir en harmonía sen axuda “exterior”. Conseguirémolo?...

Pois ímolo comprobar en Cerceda,  este domingo, 10 de febreiro ás 17h30, no Auditorio municipal.

DESPEGAMOS 

 Unha actividade de Dinamización Lingüística do Programa FalaRedes, promovido pola Secretaría Xeral de Política Lingüística.

FacebookTwitterDeliciousGoogle BookmarksRedditLinkedinRSS Feed Pin It

¡Atención! Este sitio usa cookies e tecnoloxías similares. Pode cambiar a configuración do seu navegador para rechazar o emprego das mesmas. Pode consultar máis información en Información de cookies.

Acepto as cookies para este sitio.
EU Cookie Directive plugin by www.channeldigital.co.uk