A Aula CeMit de Cerceda presenta a súa programación de actividades para o último trimestre de ano 2019. Consulta a programación e non esquezas facer a túa solicitude, a partir do luns 23 de setembro no Centro Cívico.
No de mes de Outubro comezamos os novos cursos para adultos de informática e móbiles. As inscricións poderán facerse dende o martes 24 de 9 a 14 ata esgotar as prazas na oficina da planta baixa do Centro Cívico. Máis información no 981686209 ou a través de whatsapp no 644529990
Facebook Aula CeMIT Cerceda
O Campo da Feira de Cerceda acolle este xoves, 22 de agosto ás 22h30, unha nova sesión de cine coa proxección de "Los Increíbles 2" dentro do programa Visións da Rede Cultural da Deputación 2019. Non esquezades a cita!
Anota... este venres, 31 de maio, tocan Merendas e Contos na Biblioteca municipal de Cerceda ás 17h30. Non esquezas facer a túa inscrición nas Oficinas xerais do Concello.
MERENDAS E CONTOS NA BIBLIOTECA MUNICIPAL DE CERCEDA// VENRES, 31 DE MAIO ÁS 17H30
ESPECTÁCULO: Un invento para chegar ao ceo. TRINKE TRINKE TEATRO
INSCRICIÓNS: Nas Oficinas xerais ou no teléfono 981685001
A espectáculo infantil PATAPATÚM, recentemente galardoado na edición XXIII Premios de Teatro María Casares, da Compañía Elefante Elegante chega a Cerceda o domingo 5 de maio ás 17:30h. Unha oportunidade para desfrutar dun espectáculo de teatro visual, e de gran elegancia estética, sen palabras para público infantil e familiar a partir de 3 anos. Cunha banda sonora inspirada no universo musical dixieland, a máscara e o xogo físico que propician un universo cómico que viaxa desde o realismo ata a hipérbole da nosa vida cotiá. Non o esquezas:
AUDITORIO MUNICIPAL DE CERCEDA/ DOMINGO, 5 DE MAIO ÁS 17:30H
Canta, miña pedra, canta
Contos e cancións para renderlle homenaxe a Antonio Fraguas
O Concello de Cerceda quere, deste xeito, conmemorar o Día das Nosas Letras cunha proposta de música familiar para o venres, 17 de maio ás 17h, no Auditorio municipal de Cerceda.
O músico Xoán Curiel e a contadora Charo Pita reúnense neste espectáculo familiar que xira arredor dos relatos populares galegos e mais de cancións que o autor das Letras Galegas deste 2019 recolleu nas súas Aportacións ao Cancioneiro de Cotobade.
Co obxectivo de que o público que ve o espectáculo poida seguir afondando na lectura en galego e no coñecemento do noso patrimonio lingüístico e literario, o alumnado de Educación Primaria dos centros educativos de Cerceda, con motivo do Día do Libro 2019, foi agasallado cunha pequena antoloxía de narracións tradicionais de Galicia escolmadas por Quique Harquindey e Maruxa Barrio titulada O fillo do rei e outros contos populares.
AUDITORIO MUNICIPAL DE CERCEDA
VENRES, 17 DE MAIO ÁS 17:00 H
Este venres toca unha nova sesión de Merendas e Contos na Biblioteca municipal da Silva, co espectáculo "Unhas botas misteriosas" da compañía Trinke Trinke. Non esquezas facer a túa inscrición nas Oficinas xerais ou no teléfono 981685001
BIBLIOTECA MUNICIPAL DA SILVA // VENRES 26 DE ABRIL ÁS 17H30
ESPECTÁCULO: Unhas botas misteriosas
INSCRICIÓNS: Nas Oficinas xerais do Concello ou no teléfono 981685001
O sábado 27 de abril levarase a cabo unha andaina dende o Campo da Feira ata o Xardín Botánico e a Aula da Natureza.
A hora de saída será ás 11 da mañá dende o Campo da Feira de Cerceda, iremos ata o Xardín Botánico e visitaremos a Aula da Natureza, logo continuaremos polo Paseo do Acevedo, e a volta unha pequena parada para coller folgos e volta para Cerceda.
Para anotarse ao 981685001 ou 682348556.
Agardámosvos.
Dende o Ecomuseo queremos achegarche outro dos nosos museos, neste caso o Museo da Minería. Foi inaugurado en 2015 amosa e analizar a pegada paisaxística, social e económica dos case 30 anos de explotación mineira.
O vindeiro sábado 30 de marzo ás 11:00 da mañá farase unha visita guiada polo Museo da Minería, se queres vir a coñecer a historia da explotación mineira debes anotarte no 981685001 ou no 682348556
A Biblioteca de Cerceda vivirá unha nova sesión de Merendas e Contos este venres 22 de marzo, a partir das 17h30. Non esquezas facer a túa inscrición nas Oficinas xerais ou no teléfono 981685001.
BIBLIOTECA MUNICIPAL DE CERCEDA// VENRES, 22 DE MARZO ÁS 17H30
ESPECTÁCULO: ¿DE ONDE VEÑEN OS BEBÉS?
INSCRICIÓNS: NAS OFICINAS XERAIS OU NO TELÉFONO 981685001
¡Atención! Este sitio usa cookies e tecnoloxías similares.
Pode cambiar a configuración do seu navegador para rechazar o emprego das mesmas. Pode consultar máis información en Información de cookies.