Natureza en Cerceda

O municipio de Cerceda conta con multitude de espazos para gozar da natureza e das actividades ao aire libre.

Protagonistas indiscutibles da nosa contorna son os ríos, entre os que destacan o Barcés e o Lengüelle, que percorren a nosa xeografía creando sinuosos vales cheos de verdor. Grazas a esa riqueza fluvial podemos presumir dun interesante patrimonio de muíños de auga, entre os que sobresae o Muíño de Guillín pola espectacular beleza da súa caída natural.


A pesca é un dos grandes atractivos do concello. Para a súa práctica contamos con lugares privilexiados como o Couto de Vilagudín, que supuxo a primeira concesión de pesca turística autorizada pola Xunta de Galicia. Trátase dun pequeno encoro, de 162 hectáreas, que recolle as augas de dous regatos -Paradela e Viduído- onde conviven dúas das especies máis abundantes da zona, as troitas e os salmóns, con exemplares de ata 10 quilos de peso. Este lugar representa un auténtico paraíso para os amantes deste deporte e un espazo de inmensa beleza paisaxística ideal para quen busca descanso e pracer desfrutando ao máximo da natureza.


Outro punto de visita obrigada polo seu interese ambiental é a Serra de Montemaior. Esta aliñación montañosa de orixe granítico esténdese polas parroquias de Soutullo e Montemaior (A Laracha), Rodís e Xesteda (Cerceda), cunha altitude superior aos 400 metros. Dous dos seus picos máis importantes son o Monte Xalo e Monte do Castelo, destino de moitos/as alpinistas e escaladores, nos que ademais poderás gozar dunha fermosa panorámica de Cerceda grazas aos miradoiros situados na zona. Tamén dispoñemos dun amplo conxunto áreas recreativas, entre elas as de Queixas, Xesteda, Meirama e A Silva, acondicionadas con numerosos servizos de uso público (mesas, bancos e asadores) para a realización de actividades ao aire libre.

Cookies user preferences
We use cookies to ensure you to get the best experience on our website. If you decline the use of cookies, this website may not function as expected.
Accept all
Decline all
Read more
Unknown
Unknown
Accept
Decline
Save