Como chegar

O Concello de Cerceda está situado ao noroeste de Galicia, na provincia da Coruña.

Pertencente á Comarca de Ordes, atópase nunha área de transición entre As Mariñas, Bergantiños e Ordes. Limita ao norte cos municipios da Laracha e Culleredo, ao sur con Ordes e Tordoia, ao leste con Carral e ao oeste con Carballo.


O concello atópase a 50 quilómetros de Santiago de Compostela e a 30 da Coruña, as dúas cidades importantes máis achegadas.

 

En coche

A principal vía de comunicación e acceso a Cerceda é a estrada AC-400, que vai dende Sigrás ata Muros, atravesando o casco urbano.


Dende A Coruña o traxecto máis rápido e cómodo é a través da Autovía do Noroeste, tomando a saída Culleredo-Ledoño e enlazando coa estrada AC-523 para, posteriormente, acceder á AC-400 en dirección a Cerceda.


Dende Santiago de Compostela a mellor opción é a autoestrada do Atlántico AP-9 en dirección A Coruña-Pontevedra, continuando pola estrada N-550 en dirección a Ordes e, posteriormente, tomar a AC-524. Logo de atravesar Ordes, continuar pola N-550 ata Mesón do Vento e, ao chegar ao casco urbano, coller en dirección a Cerceda.


No caso de usar o GPS hai que ter en conta que nalgunhas cartografías non aparece Cerceda como destino. Nese caso débese seleccionar Antemil (Cerceda). As súas coordenadas xeográficas son as seguintes: 43º11'25''N 8º28'23''W.

En tren

A liña de tren rexional que une A Coruña con Santiago de Compostela atravesa o municipio de Cerceda realizando paradas en Meirama, Vila da Igrexa e Cerceda. Pódese obter máis información sobre este servizo na páxina web oficial de RENFE ou no teléfono 902 24 02 02.

En autobús

A compañía ASICASA ofrece un servizo regular de autobuses que conectan A Coruña con Cerceda. Pódese obter máis información no teléfono 981 23 12 34.

En avión

Cerceda atópase preto dos enlaces da autoestrada do Atlántico e da autovía do Noroeste, situándose a menos de media hora de distancia dos aeroportos de Alvedro e Lavacolla. Pódese obter información das conexións que ofrecen as distintas liñas aéreas no portal de Aeroportos Españois e Navegación Aérea -AENA-

Cookies user preferences
We use cookies to ensure you to get the best experience on our website. If you decline the use of cookies, this website may not function as expected.
Accept all
Decline all
Read more
Unknown
Unknown
Accept
Decline
Save