Noticias

111221 bando voluminosos

 

 

Ponse en coñecemento da veciñanza, que o Concello de Cerceda ven de poñer en funcionamento un servizo de recollida de residuos voluminosos para que aquelas persoas que desexen desfacerse dos residuos sólidos que non se poden botar nos colectores da recollida de lixo convencional poidan facelo dun xeito responsable.


Deste xeito o noso territorio verase beneficiado e os espazos que na actualidade están ocupados pola ferralla e outros obxectos inservibles nas nosas casas quedarán libres.
Todas aquelas persoas interesadas en que se lles recollan enseres e/ou voluminosos deberán chamar, en horario laboral, á empresa que realiza a recollida de lixo no municipio. Os teléfonos de contacto son: 639.200.204 e 616.167.131.


Os días de recollida destes enseres voluminosos serán o último venres de cada mes, polo que será preciso deixar os residuos voluminoso a recoller o día anterior na vía pública.
A modo informativo indícase que no caso dos veciños de Xalo a Comunidade de Propietarios establece a maiores unha recollida adicional que se efectúa o segundo xoves de cada mes Non se recollerán plásticos de agrícolas nin escombro para os que existe un sistema de recollida independente.


O que fago público para xeral coñecemento.

Asinado dixitalmente en Cerceda
polo Alcalde Juan Manuel Rodriguez García

 

 

No mes de decembro, e debido as distintas datas festivas, a recollida de voluminosos porta a porta vaise realizar o día 29/12/2020.

O procedemento é o habitual:

    • Chamando previamente ao 639.200.204
    • Enviando unha mensaxe de wasap ao número 616.167.131


Deberán seguir as indicacións que lles faciliten, no que se refiere ao depósito dos residuos.

 

voluminosos copy

O Concello de Cerceda presta un servizo de recollida de residuos voluminosos que non se poden depositar nos colectores da rúa.


A recollida realizase os últimos venres de cada mes; e deberán depositarse o día antes da recollida, ou no seu caso antes das 7:00 horas do mesmo día. Está totalmente prohibido depositar os residuos voluminoso con máis antelación.


Para facer uso deste servizo deberá se chamar aos teléfonos indicados.


IMPRESCINDIBLE AVISAR:
639 200 204
616 167 131


Recordamos que este tipo de residuos poden achegarse ao punto limpo no horario de apertura:
Martes e Xoves: 15:00 h a 19:00 horas
Sábado: 9:30 h a 13:30 h

O próximo sábado entre as 10:00 e as 14:00 horas varios dinamizadores percorrerán Cerceda para informar á poboación sobre o colector naranxa que se emprega para depositar o aceite doméstico despois do seu uso.

061020

Onte comezou o curso escolar, nun momento loxicamente moi marcado pola pandemia da COVID-19. Isto suporá un complicado reto para todas e todos: colexios, administracións, familias...

O papel do Concello de Cerceda, como administración pública máis próxima á xente, é colaborar en todo o posible, pese a como é sabido non ter competencias en educación. Todo iso supón unha inversión e un esforzo engadido plenamente xustificados en que a saúde, a seguridade e o benestar das nenas e dos nenos están por riba de barreiras administrativas.

Unha das diferencias máis visibles de cara ao novo curso, radica no servizo da limpeza, que se ve substancialmente incrementado tanto no CPI O Cruce coma no CEIP Celso Emilio Ferreiro, por riba incluso do que establecen os protocolos da Xunta de Galicia. Con todo, o mesmo compleméntase coa instalación de dispositivos de xel hidroalcólico e alfombras desinfectantes (sen descartar incluír outras medidas e materiais que se consideren posibles e oportunos).

No referido ao CPI O Cruce, o Concello de Cerceda estivo sempre a disposición da dirección do centro en todo o que se necesitou en materia de seguridade contra a pandemia:

- Recollida e almacenamento de moito material que houbo que retirar para cumprir cos protocolos (armarios, libros e outros elementos)

- Pintado das distintas zonas que se nos requiriu.

- Habilitación de espazos de titularidade municipal...

Nunha orde de cuestións máis xenéricas, leváronse a cabo outras accións e reparacións de diversa índole:

- Amaño de paredes deterioradas no patio

- Habilitación de zonas verdes e accesos

- Obras para evitar a humidade tanto na fachada coma na parte traseira do centro

- Selado da cuberta de uralita do patio próximo á aula de música (para evitar goteiras,   nunha cuberta que debe ser sustituída e o será en canto nos sexa posible)

- Recambios de fontanería

- Instalación de tuberías

- Reparacións eléctricas en distintas dependencias

-Pintura de oficinas

Dentro do que o Concello de Cerceda ten marcado na axenda dende fai meses sobre o colexio CPI O Cruce, está pendente o inicio da ampliación dos accesos, unha obra moi importante sobre a que iremos informando, que por cuestións inevitables se veu demorando máis do que houbera sido desexable, pero que agora mesmo se atopa nun punto onde a negociación semella moi avanzada.

No referido ao CEIP Celso Emilio Ferreiro, tamén se levaron a cabo accións específicas:

Unha obra importante son as beirarrúas na contorna do colexio, para que cando as nenas e nenos se despracen pola zona ou accedan ao invernadoiro poidan facelo con seguridade, sen que teñan que transitar pola calzada.

Nas propias instalacións do colexio:

- Fíxose o pulido do patio exterior (pendente de revisión)

- Pintouse a parede exterior do ximnasio

-Cementouse o patio pequeno que se encontra entre a biblioteca e a aula infantil (acondicionándoo como unha segunda entrada polo protocolo a seguir)

- Limpeza da cuberta exterior.

- Instalación de cuberta na entrada principal para evitar que as familias que recollan o alumnado nos días de choiva se mollen, e tamén as nenas e os nenos que accedan ao cole dende o bus. Esta pequena marquesiña permitirá estar ao cuberto.

- Xestionamos a iniciativa de poñer pelotas de pádel en todas as cadeiras para minorar o ruído que produce o seu arrastre.

- Colocamos unha pechadura na cancela pequena exterior de apertura automática. É unha instalación ao igual que dispón a principal. Buscase tocala o menos posible, dada a situación da COVID-19, xa que para cumprir o protocolo ubícanse dúas entradas de cara a evitar aglomeracions.

Queremos desexarlle a todas as familias o mellor dos inicios escolares, e moito ánimo para as anpas e os distintos profesionais neste curso tan incerto e complicado. Cando sexa posible seguiremos realizando melloras para garantir a seguridade e a calidade dos centros de ensinanza.

 

Publicase o Bando de Exposición Pública dos Padróns Fiscais 2020. O prazo de exposición será dende o 17 de setembro de 2020, ata o día 20 de outubro, ambos incluídos.

Durante o prazo de exposición, pódense consultar na Deputación da Coruña, ou ben nas oficinas municipais, no Departamento de Intervención coa presentación do DNI da persoa contribuínte ou ben co recibo do imposto correspondente ao ano 2019.

Attachments:
FileFile size
Download this file (BANDO PADRONS FISCAIS 2020.pdf)BANDO PADRONS FISCAIS 2020.pdf266 kB

Página 13 de 26