Saúda da alcaldía

Como alcalde do Concello de Cerceda quero darlle a benvida á páxina web municipal.

Cerceda é un lugar atractivo, referente en infraestruturas, asentamento empresarial, desenvolvemento e servizos sociais. Pero o horizonte está cheo de retos que nos enchen de ilusión e este espazo non deixa de ser un recurso máis á hora de perseguir os obxectivos programados.

CONCELLO DE CERCEDA
Casa do Concello
Avenida do Mesón s/n
15185 Cerceda
Teléfono: 981 685 001
ALCALDÍA
Teléfono: 981 685 152

As novas tecnoloxías, especialmente Internet, mudaron drasticamente o abano de posibilidades nas relacións sociais, globalizándoas e ofrecendo novas liñas de comunicación e maneiras de interactuar. Esa é unha realidade totalmente normalizada que loxicamente non é allea ao Concello de Cerceda.

Polo tanto, é para min un pracer presentarlle un espazo que ten o fin de ser unha porta aberta ao mundo e un recurso máis no trato coas nosas veciñas e veciños, axilizando os trámites e intentando ser o máis próximos posible.

Reciba un cordial saúdo.

Juan Manuel Rodríguez García

Alcalde

¡Atención! Este sitio usa cookies e tecnoloxías similares. Pode cambiar a configuración do seu navegador para rechazar o emprego das mesmas. Pode consultar máis información en Información de cookies.

Acepto as cookies para este sitio.
EU Cookie Directive plugin by www.channeldigital.co.uk