Actualidade

O Concello está a facer a través da concesionaria do servizo de control de pombas, Rapiñas do Salnés Cetrería, unha campaña no casco urbano de Cerceda.

No caso de ser coñecedores de puntos nos que existan niños ou afluencia de pombas, póñanse en contacto co número de teléfono 656832191 (Evaristo).

Unha vez rematado o prazo de solicitudes para a renovación de praza e de solicitudes de nova praza para a escola infantil municipal "Os Pillabáns" para o curso 2022-2023, todas as solicitudes foron baremadas de acordo co establecido no artigo 14 do Regulamento da escola infantil municipal (publicado no BOP da Coruña número 231, do 5 de decembro de 2017).

Recordamos que os criterios de prioridade para a adxudicación das prazas son os seguintes:

1º- Alumnado con renovación de praza

2º- Fillos/as de persoal traballador da escola infantil

3º- Solicitantes con irmáns con praza renovada no centro

4º- Resto de solicitudes segundo puntuación acadada unha vez aplicado o baremo, valorando en primeiro lugar os menores empadroados en Cerceda, en segundo lugar os que non están empadroados pero que algún dos titores acredita o seu posto de traballo no termo municipal e en terceiro lugar o resto de solicitudes.

 

As persoas interesadas disporán dun prazo de 15 días hábiles, a contar a partir do día seguinte hábil desta publicación, para presentar as reclamacións que consideren oportunas contra esta resolución provisional.

Máis información no Departamento de Servizos Sociais ou no teléfono 981 68 60 68

O Concello de Cerceda participará no programa de CAMPAMENTOS DEPORTIVOS DO VERÁN DEPUTACIÓN DA CORUÑA 2022.

Para participar neste programa desfrutarán de 5 días con aloxamento e manutención, na residencia que ten a Deputación da Coruña no I.E.S. Rosalía Mera, onde os/as participantes poderán desfrutar dunha ampla variedade de actividades deportivas.

A quenda Concello de Cerceda é a 2ª (do 3 ao 8 de xullo).

 Nº de prazas: 5. (Prioridade os que nunca asistiron á campaña de verán).

 Poden participar: nenos/as empadroados/as no concello de Cerceda e nados entre o 1 de xaneiro do 2008 e o 31 de decembro do 2013.

 Cota de inscrición: 85 €

 Prazo de inscrición: do 13 de abril ao 20 de maio.

 Máis información: 981 68 50 36 ou 981 68 50 01 (Ext.8)

 

Ver ou descargar tríptico e ficha de inscrición

 

190422 campamentos

 

 

O Concello de Cerceda vén de mellorar a seguridade viaria coa instalación de elementos de sinalizción vertical e horizontal en varios puntos do municipio. As principais actuacións leváronse a cabo no Polígono Industrial e na contorna do campo de fútbol de O Roxo, aínda que tamén se advertiu da necesidade de colocar sinaléctica noutros lugares de especial sensibilidade, a informe da Policía Local.

Así, en tanto en canto á sinalización vertical no Polígono Industrial, instaláronse dúas sinais led de STOP en aluminio; dúas unidades de sinais de “ceda o paso” e substituíronse dous pasos de peóns que se atopaban en mal estado.

No que respecta á sinalización horizontal, ca finalidade de mellorar a seguridade da circulación e advertir aos condutores de que se están aproximando a un lugar no que é aconsellable a diminución da velocidade e un incremento na atención, instaláronse oito bandas transversais resaltadas, dous “STOP” e pintáronse varios cebreados para ter maior visibilidade.

Na contorna do campo de fútbol de O Roxo, colocouse un sinal de calzada sin saída e dous “STOP”. Destas últimas, tamén se pintaron varias no chan. O alcalde, Juan Manuel Rodríguez, sinala que “son actuacións moi importantes, e temos que recalcar as actuacións no Polígono Industrial, xa que se teñen reportado varios accidentes na zona próxima o Viveiro de Empresas, e con estas intervencións incrementamos as condicións de seguridade de traballadoras, traballadores e toda as persoas que acuden a esta zona”, nunha intervención que contaba “cunha ampla demanda e á que demos resposta”, sentencia o rexedor.

Infórmase de que o servizo móbil de nova xeración sobre a banda de frecuencia de 700 MHz dos principais operadores móbiles atoparase dispoñible na nosa localidade en fechas próximas.

A tecnoloxía prestada sobre a banda de frecuencia de 700 MHz, anteriormente utilizada pola Televisión Dixital Terrestre (TDT), permite ofrecer unha mellor cobertura en interiores y maior extensión da cobertura.

Esta rede chega para mejorar a velocidade de conexión a internet, servizos de televisión, vídeo e música baixo demanda, así como outros novos servizos.

A prestación dos servizos móbiles nesta banda pode afectar á recepción da sinal de TDT polo que se pon a disposición un teléfono de atención gratuíto para solucionar posibles afectacións, e de este xeito restablecer o servizo TDT de verse afectado.

A estes efectos, informamos que o número de atención gratuíto é o seguinte:

900 833 999

Unha vez iniciada a prestación do servizo mencionado, neste número de teléfono atenderase calquera solicitude de solución de afectación que presenten os veciños, sendo atendidas inmediatamente e ca máxima celeridade.
Trala notificación de afectación, un técnico cualificado desprazarase donde se teña detectado a afectación e procederá a realizar as labouras de acondicionamento necesarias para salientala.

Todo iso sen custo algún para os veciños.

A corporación municipal reuniuse onte para debater en Pleno as intervencións que se realizarán con cargo do Plan Único da Deputación da Coruña para este 2022. 

Aprobouse cos votos favorables dos representantes do goberno local e Partido Popular, e abstención do BNG, adicar 483.686,50 euros a intervencións infraestruturais no municipio como o sistema de depuración na Silva e as melloras no acceso a Carballal, Carril e A Fonte; o saneamento en Longo, Meirama; a instalación de tubaxes de saneamento e abastecemento en Pao do Lobo e os accesos a A Capilla, A Pociña e O Calvario; a ampliación e mellora do vial en Sobredafonte; a realización da pista entre A Brea e o encoro e a mellora da seguridade viaria nas Encrobas. 

Tamén se levará a cabo a construción dunha senda peonil no Piñeiro ata o campo de fútbol de O Roxo. O alcalde, Juan Manuel Rodríguez, destaca a relevancia “dos investimentos para dar solucións e servizos moi necesarios nos lugares nos que se levarán a cabo”.

 

Reforzo do Servizo de Axuda no Fogar

 No referente á aportación da entidade provincial respecto a gasto social, o Concello de Cerceda recibirá 73.053,75 euros, e destinará 66.184,17 euros o reforzo do Servizo de Axuda no Fogar.

Convocatoria de subvencións municipais a deportistas e a entidades culturais ou deportivas para a realización de actividades, anualidade 2021.
En Xunta de Goberno Local celebrada o 29/12/2021, adoptuse, entre outros, o acorde da convocatoria de subvencións municipais a deportistas e a entidades culturais ou deportivas para a realización de actividades, correspondnte a anualidade 2021.

Bases e convocatoria (ver ou descargar BOP)

 

Solicitude de subvencións para entidades culturais e depeportivas (ver ou descargar)

Solicitude de subvencións para deportistas (ver ou descargar)

Xustificación Subvención Actividades Culturais e Deportivas (ver ou descargar)

 

Unha vez cumplimentada pode subir a documentación na SedeEelectrónica do concello

 

O Concello de Cerceda acondicionará o interior do edificio municipal que se atopa preto da área recreativa de Xesteda para convertilo nun centro social e cultural, nun proxecto que pretende dinamizar a parroquia, dando servizo e actividade á súa poboación cunha instalación acorde ás necesidades demandadas pola veciñanza.

No mesmo, está previsto que se desenvolvan actividades de todo tipo, de diversa índole como culturais, educativas, lúdicas e asociativas, xa que actualmente esta parroquia non conta con ningún local destas características. Estará pensado para todas as idades.

Así, actuarase no acceso cara o primeiro andar desde o exterior polo baixo, así como un espazo fóra que servirá como aparcadoiro. No que se refire o interior, adecuaranse os espazos referentes o vestíbulo de acceso, o aseo da planta baixa, o almacén da planta baixa, o vestíbulo e o aseo da primeira planta e as dúas salas multiusos do primeiro andar.

Tamén se executarán todos os acabados interiores, en tarima de madeira laminada nas salas multiusos do primeiro andar, e en gres cerámico nos restantes espazos. Colocaranse elementos de illamento térmico nas fachadas. Realizarase unha renovación total da carpintaría e executaranse as instalacións de fontanaría, saneamento, baixa tensión e alumeado.

O alcalde, Juan Rodríguez, anuncia que “se trata dunha intervención coa que queremos continuar dinamizando a vida asociativa, cultural e lúdica no noso municipio”, di o rexedor, quen achega que “ cremos que este edificiovcolmará as demandas das veciñas e veciños da zona”.

Páxina 9 de 30