Actualidade

Solicitude de participación no Programa de axuda alimentaria ás persoas máis desfavorecidas 2020

Dende o departamento de servizos sociais, informase que dende o luns día 7, ata o mércores día 23 de decembro, ábrese o prazo para participar no Programa de Alimentos de Cruz Vermella 2020: “ayuda alimentaria del Fondo de Ayuda Europea para las Personas Más Desfavorecidas (FEAD).”

Para solicitar a participación no programa de alimentos, debese de entregar nas oficinas do rexistro municipal, a solicitude que figura anexa, coa documentación que se require.

Para mais información pódese contactar co telf: 981 68 60 68

Attachments:
FileFile size
Download this file (ANEXO 1 .pdf)ANEXO 1 .pdf150 kB

No mes de decembro, e debido as distintas datas festivas, a recollida de voluminosos porta a porta vaise realizar o día 29/12/2020.

O procedemento é o habitual:

    • Chamando previamente ao 639.200.204
    • Enviando unha mensaxe de wasap ao número 616.167.131


Deberán seguir as indicacións que lles faciliten, no que se refiere ao depósito dos residuos.

 

voluminosos copy

Aprobadas en Xunta de Goberno Local celebrada o 18/11/2020, as bases e a convocatoria de subvencións municipais a deportistas e entidades culturais ou deportivas para a realización de actividades no ano 2020, que se transcriben, procede a súa publicación os efectos de inicio de plazo de solicitude.

 

Bases e convocatoria de subvención municipais a deportistas e entidades culturais ou deportivas para realizar actividades no ano 2020

 

O Concello de Cerceda presta un servizo de recollida de residuos voluminosos que non se poden depositar nos colectores da rúa.


A recollida realizase os últimos venres de cada mes; e deberán depositarse o día antes da recollida, ou no seu caso antes das 7:00 horas do mesmo día. Está totalmente prohibido depositar os residuos voluminoso con máis antelación.


Para facer uso deste servizo deberá se chamar aos teléfonos indicados.


IMPRESCINDIBLE AVISAR:
639 200 204
616 167 131


Recordamos que este tipo de residuos poden achegarse ao punto limpo no horario de apertura:
Martes e Xoves: 15:00 h a 19:00 horas
Sábado: 9:30 h a 13:30 h

Con data 19/10/2020 publicaronse as bases das axudas municipais para transporte escolar no Boletín Oficial da Provincia da Coruña (BOP) número 174 comezando así, o prazo de presentación das solicitudes sendo de 15 días hábiles a contar a partir do día seguinte á publicación.

Unha vez publicadas as bases detectaronse erros en varios puntos das mesmas motivo polo cal, con data 25/10/2020 a Concelleira de Benestar Social, Educación e Igualdade aprobou por decreto a suspensión do prazo de presentación das solicitudes que está vixente.

O Departamento de Servizos Sociais procederá á elaboración dunhas novas bases que serán aprobadas polo órgano competente para a súa posterior publicación no BOP.

Así mesmo, informar ás persoas interesadas que as solicitudes que xa foron presentadas no prazo actual teranse en conta e serán valoradas para a súa resolución.

 

Máis información no Departamento de Servizos Sociais no teléfono 981 686 068

O próximo sábado entre as 10:00 e as 14:00 horas varios dinamizadores percorrerán Cerceda para informar á poboación sobre o colector naranxa que se emprega para depositar o aceite doméstico despois do seu uso.

061020

Páxina 5 de 23