Actualidade

O obradoiro de emprego  "Cerceda- Tordoia- Trazo II", é un programa mixto de formación e emprego dirixido a mellorar a ocupabilidade de persoas desempregadas. Está subvencionado pola Consellería de Economía, Emprego e Industria e cofinanciado polo Ministerio de Emprego e Seguridade Social e promovido polo Concello de Cerceda, conveniado cos concellos de Tordoia e Trazo.

Dende o Concello de Cerceda dase publicidade as bases que rexeran o proceso selectivo do Obradoiro de Emprego "Cerceda- Tordoia- Trazo II", a din dar cumprimento a convocatoria e de facilitar a información a todos/as os/as interesados/as.

Attachments:
FileFile size
Download this file (bases obradoiro.pdf)bases obradoiro.pdf1655 kB

O Concello de Cerceda está a acometer as obras  de accesibilidade da Casa Consistorial, financiadas pola Consellería de Política Social, dentro da Orde do 21/07/29017, pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión de subvención aos concellos galegos, destinadas á mellora da accesibilidade nos edificios e espazos de uso público, cofinanciadas polo programa europeo do Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional Galicia 2014-2020, e se procede a súa convocatoria para os anos 2017 e 2018.
A actuación consiste na “Mellora da accesibilidade da Casa Consistorial no seu acceso ao concello e ó xulgado" (itinerario e aseo).

3

2

1

O Concello de Cerceda vén de presentar a programación dos Campamentos de verán 2018. Xa podes consultar a información e facer a túa inscrición nas Oficinas xerais.

Nas diferentes quendas mesturaranse actividades lúdicas propias de campamentos adaptadas ás diferentes idades, con actividades de ámbito cultural que acheguen aos nenos e nenas ao pobo de Cerceda, á natureza, á cociña … Todas estas actividades estarán encamiñadas a conseguir que os nenos e nenas disfruten do seu tempo de ocio mediante novas experiencias.

  • Dirixido a nenos/as nados/as do 2.000 ao 2014.
  • Datas das quendas:
  • QUENDA 1 :   25 de xuño ao 6 de xullo

    QUENDA 2: 9 de xullo ao 20 de xullo

    QUENDA 3: 23 de xullo ao 6 de agosto

Páxina 14 de 23