Actualidade

Convocatoria de axudas dirixidas ás familias para o transporte escolar. Curso 2018-2019

O 3 de outubro abre o prazo de solicitude das axudas para o transporte escolar do curso 2018-2019 e rematará o día 22 de outubro. O prazo para a xustificación será do 3 o 14 de decembro. Bases das axudas de transporte escolar curso 2018-2019. Attachments:
AXUDAS DE TRANSPORTE 2018-2019.pdf

Convocatoria de axudas dirixidas ás familias para libros de texto, material escolar e vestiario. Curso 2018-2019

Dende o día 3 ó 22 de outubro estará aberto o prazo de solicitude das axudas para libros de texto, material escolar e vestiario básico. O prazo de xustificación será do 12 ó 23 de novembro. Bases das axudas de material escolar e vestiario básico curso 2018-2019 Attachments:
AXUDAS DE MATERIAL ESCOLAR 2018-20199.pdf

BASES PARA A SELECCIÓN DO ALUMNADO-TRABALLADOR/A E PERSOAL DO OBRADOIRO DE EMPREGO "CERCEDA- TORDOIA- TRAZO II"

O obradoiro de emprego  "Cerceda- Tordoia- Trazo II", é un programa mixto de formación e emprego dirixido a mellorar a ocupabilidade de persoas desempregadas. Está subvencionado pola Consellería de Economía, Emprego e Industria e cofinanciado polo Ministerio de Emprego e Seguridade Social e promovido polo Concello de Cerceda, conveniado cos concellos de Tordoia e Trazo. Dende o Concello de Cerceda dase publicidade as bases que rexeran o proceso selectivo do Obradoiro de Emprego "Cerceda- Tordoia- Trazo II", a din dar cumprimento a convocatoria e de facilitar a información a todos/as os/as interesados/as. Attachments:
bases obradoiro.pdf

Luar na Lubre en concerto o venres 7 de setembro no Auditorio municipal de Cerceda

Chega a Cerceda Luar na Lubre coa xira do seu XXX Aniversario. Unha ocasión única de desfrutar das mellores das nosas músicas. Anota a cita:
  • LUAR NA LUBRE EN CONCERTO--- XXX ANIVERSARIO
  • VENRES, 7 DE SETEMBRO// ÁS 21H//AUDITORIO MUNICIPAL DE CERCEDA
  • Entrada gratuíta ata completar aforo
 

Queres xogar ou aprender o paddle? Coñece as instalacións municipais durante este mes de agosto

Se tes entre 7 e 15 anos de idade, e che apetece aprender ou, se xa sabes, xogar ao paddle... tes unha boa oportunidade, durante este mes de agosto, de coñecer estas instalacións municipais. Fai a túa reserva chamando ou enviando un whastapp ao seguinte teléfono 604026139. Anímate...e non perdas esta boa oportunidade!

Mellora da accesibilidade da Casa Consistorial no seu acceso ao concello e ó xulgado

O Concello de Cerceda está a acometer as obras  de accesibilidade da Casa Consistorial, financiadas pola Consellería de Política Social, dentro da Orde do 21/07/29017, pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión de subvención aos concellos galegos, destinadas á mellora da accesibilidade nos edificios e espazos de uso público, cofinanciadas polo programa europeo do Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional Galicia 2014-2020, e se procede a súa convocatoria para os anos 2017 e 2018.
A actuación consiste na “Mellora da accesibilidade da Casa Consistorial no seu acceso ao concello e ó xulgado" (itinerario e aseo).

Campamento Europeo Cerceda 2018

CAMPAMENTO EUROPEO CERCEDA 2018... Buscamos moz@s de Cerceda que estean dispostos a vivir unha experiencia única!!
toc toc.... 
Moz@s de Cerceda...Se tes 13 ou máis anos e ganas de pasar unha semana de intercambio con outr@s moz@s europe@s e disfrutar dunha experiencia única... Contacta con nós no 981685001. As prazas son limitadas!! #googdvipes  

Solicitudes festas e verbenas populares

Neste apartado pode atopar a normativa referente ós trámites para realizar as festas e verbenas populares, así mesmo pode descargar os formularios de solicitudes e declaracións ó efecto. >>> Ver máis

Sorteo Público das prazas dos Campamentos deportivos de verán 2018 da Deputación da Coruña

O sorteo público das prazas asignadas ao Concello de Cerceda, pola Deputación da Coruña, da Campaña de Campamentos deportivos 2018, realizarase o martes 19 de xuño, ás 12:30h, no Salón de Plenos da Casa consistorial.

Campamentos urbanos de verán 2018: aberto o prazo de inscrición

O Concello de Cerceda vén de presentar a programación dos Campamentos de verán 2018. Xa podes consultar a información e facer a túa inscrición nas Oficinas xerais. Nas diferentes quendas mesturaranse actividades lúdicas propias de campamentos adaptadas ás diferentes idades, con actividades de ámbito cultural que acheguen aos nenos e nenas ao pobo de Cerceda, á natureza, á cociña … Todas estas actividades estarán encamiñadas a conseguir que os nenos e nenas disfruten do seu tempo de ocio mediante novas experiencias.
  • Dirixido a nenos/as nados/as do 2.000 ao 2014.
  • Datas das quendas:
  • QUENDA 1 :   25 de xuño ao 6 de xullo QUENDA 2: 9 de xullo ao 20 de xullo QUENDA 3: 23 de xullo ao 6 de agosto

Subcategorías

¡Atención! Este sitio usa cookies e tecnoloxías similares. Pode cambiar a configuración do seu navegador para rechazar o emprego das mesmas. Pode consultar máis información en Información de cookies.

Acepto as cookies para este sitio.
EU Cookie Directive plugin by www.channeldigital.co.uk