Actualidade

RECOLLIDA DE ACEITE USADO DE COCIÑA (10/07/20)

Recordámosvos que nos núcleos urbanos de Cerceda e de A Silva temos colocados os colectores de cor laranxa para que todos os veciños depositen o aceite de cociña usado que se emprega nas casas. Debedes de enchelo nunha botella de plástico transparente, pechala correctamente e deposítala no colector laranxa.

Publicación da listaxe provisional do alumnado admitido na EIM para o curso 2020-2021

Rematado o prazo de presentación de solicitudes de ingreso na Escola Infantil Municipal “Os Pillabáns” e unha vez valoradas todas, a concelleira de benestar social, igualdade e participación cidadá, Catrina Queijo García, aprobou a relación provisional do alumnado admitido por unidade de atención. Informar ás persoas solicitantes que de acordo co artigo 19 do Regulamento da Escola Infantil Municipal, poderán efectuar as reclamacións que consideren oportunas no prazo de 10 días naturais que contarán a partir da data de exposición pública da listaxe no taboleiro de anuncios municipal. Para máis información no Departamento de servizos sociais ou no teléfono 981 68 60 68 Attachments:
LISTAXE PROVISIONAL CURSO 2020-2021.pdf

Arranca a recollida da fracción orgánica no Concello de Cerceda (01/07/20)

Nova convenio de transición justa para Meirama (26/06/20)

Javier Losada informa ó alcalde de Cerceda do proceso participativo do "Convenio de Transición Justa para Meirama" Ver nota de prensa

"BOS DÍAS COLE" CURSO 2020 - 2021

Dende o departamento de Servizos Sociais, Igualdade e Participación cidadá, ábrese o prazo para solicitar a participación no servizo "Bos Días Cole", para o vindeiro curso 2020/2021. O prazo de solicitude é do 1 ao 15 de xullo. Para mais información pódese chamar ao 981 68 60 68. As solicitudes están dispoñibles como adxunto nesta publicación, ou ben no departamento de servizos sociais situado no 3º andar do edificio municipal.   Attachments:
AUTORIZACIÓN DA RECOLLLIDA 2020 21.pdf
SERVIZO BOS DÍAS COLE 2020-2021.pdf
SOLICITUDE NORMALIZADA PROGRAMA BOS DÍAS COLE 2020 - 2021.pdf

Exposición pública do IAE exercicio 2020

SERVIZO DE APOIO INTEGRAL A MULLERES COIDADORAS

Dende o Departamento de Benestar Social en coordinación con Fundación Mujeres, organízanse unha serie de talleres on line destinado a mulleres coidadoras. Os talleres divídense en 3 sesións on line. É preciso inscribirse previamente antes do día 19 de xuño. Para mais información poden chamar ao telf . 981 68 60 68.  

REPARTO DE MÁSCARAS AOS ESTABLECEMENTOS COMERCIAIS (07/05/20)

NORMATIVA PARA DESPLAZAMENTOS A FINCAS (06/05/20)

1. PARA A REALIZACIÓN DE TAREFAS POR AGRICULTORES NON PROFESIONAIS:
Coa finalidade de regular as actividades realizadas por agricultores non profesionais, a Xunta de Galicia modificou a Orde publicada o 24 de marzo para facilitar  estas labores.
Os agricultores non profesionais poderán desprazarse en todo o seu concello e no municipio adxacente para o coidado e a recolección de producións agrícolas.
Para poder xustificar estes desprazamentos deberán levar consigo unha declaración responsable na que se relacionen as fincas nas que van realizar estes cultivos ou traballos que se van realizar.
A Xunta estableceu que segundo o tipo de cultivo ou traballos poderán desprazarse ata 2 persoas, sempre polo período de tempo mínimo e imprescindible e gardando as distancias de seguridade e demais protocolos establecidos pola autoridade sanitaria.   2.  PARA A REALIZACIÓN DE TAREFAS POR AGRICULTORES PROFESIONAIS:
Para este tipo de profesionais non se producen cambios relacionados co desenvolvemento da súa actividade (tanto para eles como para os seus traballadores)
Poderán seguir desprazándose para a realización dos traballos necesarios de atención e mantemento dos seus cultivos e viñedos; poderán acreditar a súa condición de profesionais coa súa inscrición no Rexistro de Explotacións Agrarias de Galicia.   Descargar declaración responsable

Subcategorías

¡Atención! Este sitio usa cookies e tecnoloxías similares. Pode cambiar a configuración do seu navegador para rechazar o emprego das mesmas. Pode consultar máis información en Información de cookies.

Acepto as cookies para este sitio.
EU Cookie Directive plugin by www.channeldigital.co.uk