Actualidade

Bases e convocatoria de probas selectivas para a selección de oito peóns para o servizo de limpeza viaria

Bases e convocatoria de probas selectivas para a selección de oito peóns de limpeza viaria polo sistema deconcurso-oposiciónPor Decreto da Alcaldía-Presidencia de data 29/11/2018, aprobouse as bases e convocatoria para a selección dun/ha albnel persoal laboral fixo polo sistema de oposición libre, correspondente a OPE de 2017, cuio texto se reproduce.   O prazo de presentación de instancias comenzará ó día da seguinte da publicación do peresente anuncio no BoletínOficial da Provincia   Ver o documento completo

Xornal de Cerceda Novembro 2018

Axudas para mercar audífonos da Obra Social Amplifon

Axudas para audífonos a persoas con dificultades económicas da Obra Social Amplifón en colaboración co departamento de Servizos Sociais.

A Obra Social Amplifón pon en marcha unhas axudas, en colaboración co departamento de Servizos Sociais do Concello, para a adquisición de audífonos, estudo auditivo, asesoramento e xestión de axudas, adaptacións infantís... para aquelas persoas que presenten problenas auditivos e presenten dificultades económicas para mercar os audífonos. A misión da Obra Social é contribuir a mellorar a calidade de vida das persoas con menor sensibilidade auditiva, para que volvan a ser plenamente activas e recuperen unha comunicación totalmente satisfactoria que lles permita disfrutar en todas as situacións de cotío. A Fundación, a través da Obra Social, pon a disposición dos colectivos máis desfavorecidos os seguintes servizos:
  • Estudo auditivo de balde
  • Subvención de ata un 75 % en audífonos
  • Asesoramento e xestión de axudas
  • Donación de audífonos (previa valoración)
  • Adaptacións infantís
Poderán beneficiarse destas axudas aquelas persoas que presenten problemas auditivos e que a súa renda per cápita sexa inferior a 700€. A persoa usuaria deberá acudir o departamento de servizos sociais para que lle fagan a valoración e a derivación, e logo acudir a un centro Amplifón (en Coruña, na rúa Francisco Mariño, 14) con cita previa. Máis información no departamento de Servizos Sociais do concello ou no teléfono 981 68 60 68.    

Convocatoria das Subvencións a deportistas e a entidades culturais ou deportivas para a realización de actividades no ano 2018

O Concello de Cerceda vén de publicar no Boletín Oficial da Provincia as bases da Convocatoria 2018 das Subvencións a deportistas e a entidades culturais/deportivas para a realización de actividades neste exercizo. O prazo de solicitude permanecerá aberto dende o 06 ao 20 de novembro (ambos incluídos) e a documentación estará dispoñible nas oficinas xerais do concello e na páxina web municipal. As subvencións que son obxecto desta convocatoria en materia de actividades socioculturais e deportivas e as bolsas para deportistas efectuaranse con cargo ás partidas orzamentarias que a continuación se especifican, e co límite da súa consignación orzamentaria:
Obxecto Aplicación orzamentaria Límite orzamentario
Actividades culturais    
Actividades deportivas    
Serán obxecto de subvención as actividades ou investimentos que se leven a cabo dentro do ámbito municipal que teñan por fins os seguintes: -         Dinamizar a xuventude do Concello. -         Promocionar a cultura e o benestar social do Concello. -         Promocionar o deporte, o exercicio físico, o coidado da saúde etc. -         Apoiar as carreiras dos e das deportistas de Cerceda. En xeral, non serán obxecto de subvención as actividades que se desenvolvan fóra do termo municipal, agás aquelas que sexan consecuencia de intercambios deportivos ou culturais ou a participación en campionatos. Así mesmo, no caso dos/as deportistas deberán acreditar documentalmente a participación efectiva nas competicións/xornadas/campus deportivos nos que se queiran xustificar gastos de desprazamento, aloxamento e/ou manutención mediante os correspondentes xustificantes de asistencia ou participación. Non se subvencionarán os gastos, como comida ou bebidas, destinados a organización dos campionatos ou actividades para as que se solicita a subvención. Os gastos susceptibles de subvención serán os que se realicen no período comprendido entre o 1 de xaneiro ao 17 de decembro de 2018. Entidades ou persoas beneficiarias.- Poderán ser beneficiarias as entidades públicas ou privadas que estean na situación que fundamenta a concesión da subvención, que cumpran o disposto no artigo 13 da Lei 38/2003 e que reúnan os seguintes requisitos:
  1. Estar debidamente inscritas no rexistro municipal de asociacións e entidades do Concello de Cerceda ou telo solicitado na data da petición.
  2. Estar ao corrente da xustificación das subvencións concedidas no exercicio anterior ou ter solicitada unha prórroga debidamente xustificada e aprobada.
  3. Non ter contraída ningunha débeda co Concello de Cerceda por ningún concepto, nin con calquera outra administración
  4. Poderán participar nesta convocatoria as e os deportistas de Cerceda non profesionais que destaquen por resultados en competicións oficiais e que estean en posesión da correspondente licenza federativa, e, empadroados/as no Concello de Cerceda cunha antigüidade de, polo menos, dous anos consecutivos, ao momento da solicitude
2. Non poderán acceder á concesión das subvencións municipais reguladas na presente convocatoria as seguintes entidades:
  1. As entidades que por resolución firme fosen sancionadas por incumpriren as condicións previstas na autorización precisa para desenvolveren a actividade.
  2. As entidades que se beneficien dunha subvención nominativa no orzamento do exercicio 2018 para esta mesma finalidade.
  3. As entidades que perdesen o dereito a obter as subvencións como consecuencia do procedemento sancionador correspondente, e polo prazo establecido na resolución.
  4. As entidades que, en virtude da normativa vixente, teñan limitado ou suprimido este dereito, e, especificamente, os recollidos no artigo 13 da Lei 38/2003.
DOCUMENTACIÓN SOLICITUDE: Dispoñible nas Oficinas Xerais do Concello e na páxina web municipal. Documentación solicitude das Entidades culturais ou deportivas:
  1. A solicitude segundo o modelo, que se facilitará nas oficinas municipais, na páxina web municipal ou na Sede Electrónica Municipal. (ANEXO 1)
  2. Unha memoria explicativa da actividade ou investimento que se pretende realizar. O período para o desenvolvemento destas actividades/investimento abarcará dende o 1 de xaneiro ao 17 de decembro do ano en curso. (ANEXO 2)
  3. O orzamento de ingresos e de gastos, coa expresión da súa forma de financiamento (ANEXO 3)
  4. Declaración de outras subvencións solicitadas e/ou concedidas por outros organismos públicos ou privados para o mesmo fin (ANEXO 4)
  5. Declaración responsable de estar ao corrente no cumprimento das súas obrigas tributarias coa Axencia Estatal da Administración tributaria e coa administración autonómica, e coa Seguridade Social (ANEXO 5)
  6. Declaración responsable de que a entidade non está incursa en ningunha das prohibicións sinalas nos números 2 e 3 do artigo 13 da Lei Xeral de Subvencións (ANEXO 6)
  7. Declaración responsable de que a entidade non ten pendente ningún pagamento de reintegro de subvencións, públicas e privadas, tal e como esixe o artigo 25 do Regulamento da Lei Xeral de Subvencións (ANEXO 7)
  8. Certificado do acordo de solicitude da subvención e nomeamento do representante (ANEXO 8)
  9. Declaración dos/as membros das Xuntas directivas das entidades e autorización para a difusión de datos e da imaxe. (ANEXOS 9 e 10)
Documentación solicitude dos/as Deportistas non profesionais:
  1. Solicitude da subvención segundo o modelo normalizado (ANEXO 1)
  2. Certificado da federación deportiva correspondente no que constarán as participacións e os resultados máis salientables obtidos nas diferentes competicións coa especificación de datas, lugar e nivel e categoría de competición do/a deportista durante a tempada 2018. Ou presentación do Historial 2017 do/a deportista segundo o modelo (ANEXO 11) asinado pola correspondente federación deportiva.
  3. Proxecto deportivo a desenvolver durante o ano 2018, no que se incluirá: (ANEXO 12)- Detalle das competicións as que pretende asistir durante o ano 2018, coa expresión da súa denominación, data, lugar e número total de competicións.- Nivel da competición (provincial, autonómica, nacional)- Categoría da competición
  4. Orzamento de gastos e ingresos estimados da tempada (ANEXO 13)
  5. Copia da licenza federativa para a tempada 2018
  6. Declaración responsable de estar ao corrente no cumprimento das súas obrigas tributarias coa Axencia Estatal da Administración tributaria e coa administración autonómica, e coa Seguridade Social (ANEXO 15)
  7. Declaración responsable de estar ao corrente no cumprimento das súas obrigas tributarias coa Axencia Estatal da Administración tributaria e coa administración autonómica, e coa Seguridade Social (ANEXO 15)
  8. Declaración responsable de que a persoa solicitante non está incursa en ningunha das prohibicións para obter a condición de beneficiario/a de subvencións públicas recollidas no artigo 13 da Lei 38/2003, de 17 de novembro, Xeral de Subvencións (ANEXO 16)
  9. Declaración responsable de que a persoa solicitante está ao corrente no cumprimento de obrigas por reintegro de subvencións (artigo 25 do Regulamento que desenvolve a Lei 38/2003, Xeral de Subvencións. (ANEXO 17)
  10. Autorización para a difusión de datos e de imaxe (ANEXO 18)
Presentación de solicitudes, prazo e documentación: As entidades culturais ou deportivas, e, os/as deportistas non profesionais deberán solicitar a subvención no prazo de 15 días naturais, que contarán a partir do día seguinte ao de se publicar esta convocatoria no Boletín Oficial da Provincia, ben por presentación telemática na Sede electrónica municipal do Concello de Cerceda (https://sede.cerceda.es) ou presencial no Rexistro xeral do Concello de Cerceda e demais formas establecidas no artigo 16.4 da Lei 39/2015 de Réxime Xurídico das Administracións Públicas e do Procedemento administrativo común. Attachments:
0_2018_Bases convocatoria.pdf
1Formulario Solicitude 2018_Entidades.pdf
2Formulario Solicitude_Deportistas.pdf

Resolución das axudas dirixidas ás familias para TRANSPORTE ESCOLAR, curso 2018-2019.

Resolución das axudas dirixidas ás familias para transporte escolar para o curso 2018-2019. O prazo de xustificación é do 3 o 14 de decembro. Deberán presentar no rexistro xeral do Concello: - Anexo III. - Certificado de asistencia regular dende comezo do curso ata o día 1 de decembro, expedido polo centro de estudos se atope matriculado o alumno ou alumna. Attachments:
LISTAXES DAS SOLICITUDES CONCEDIDAS-DENEGADAS.pdf
XUSTIFICACION-AXUDAS DE TRANSPORTE 2018-2019.pdf

Resolución das axudas dirixidas ás familias para MATERIAL ESCOLAR. CURSO 2018-2019.

Na xunta de Goberno do día de onte, 6 de novembro, aprobouse a resolución das axudas dirixidas ás familias para libros de texto, material escolar e vestiario, para o curso 2018-2019. O prazo para a xustificacion dos gastos será do 12 o 23 de novembro ambos inclusivos, a documentación deberá presentarse no Rexistro Xeral do Concello. De non presentar a xustificación dentro do prazo establecido, entenderase que desiste da súa petición, polo que perderá o dereito a cobrala. Documentación a presentar: - Anexo III - Facuras do gasto realizado (compras realizadas entre o 1 de xaneiro e o 31 de outubro) - Anexo IV   Attachments:
MATERIAL ESCOLAR LISTAXE DEFINITIVO.pdf
XUSTIFICACION-AXUDAS DE MATERIAL ESCOLAR 2018-20199.pdf

Obradoiro de Cociña para nen@s: aberto o prazo de inscrición

Neste mes de novembro voltan as nosas cociñas @s rapaces e rapazas, de Cerceda, con idades comprendidas entre os 5 e os 12 anos (nacidos entre o 2006 e o 2013). Xa podes facer a túa inscrición nas Oficinas xerais do concello.  INSCRICIÓNS AO OBRADOIRO COAS MANS NA MASA_NOVEMBRO 2018
  • Datas: martes 6, 13, 20 e 27 de novembro
  • Horario: das 17 ás 18h30
  • Inscricións: a partir do martes, 30 de outubro.
  • Xunto coa solicitude é preciso entregar o xustificante bancario de pagamento da actividade.
    • Datos para facer o ingreso bancario
  • Inscrición ao curso de cociña "Coas mans na masa"_novembro 2018
  • Concepto: Inscrición de (nome e apelidos do/a menor) no Curso de Cociña "Coas mans na masa_novembro 2018
  • Importe: 9 euros
Attachments:
SOLICITUDE PARA PARTICIPAR NO OBRADOIRO coas mans na masa.pdf

CONVOCATORIA DE ENERXÍAS RENOVABLES DO INEGA

O Concello de Cerceda executou con cargo a convocatoria de AXUDAS A PROXECTOS RENOVABLES DO Instututo Enerxético de Galicia a coloración dunha caldeira de pellets na na Escola Unitaria de Rodís, adicada a Centro Social Attachments:
Caldeira de pellets na na Escola Unitaria de Rodís

RESULTADOS DEFINITIVOS DO PROCEDEMENTO DE SELECCIÓN DO OBRADOIRO DE EMPREGO “CERCEDA- TORDOIA- TRAZO II”, DO ALUMNADO E DO PERSONAL.

RESULTADOS DEFINITIVOS  DO PROCEDEMENTO DE SELECCIÓN DO OBRADOIRO DE EMPREGO “CERCEDA- TORDOIA- TRAZO II”, DO ALUMNADO E DO PERSONAL. Attachments:
resultados definitivos alumnos- traballadores.pdf
resultados definitivos persoal.pdf

RESULTADO PROVISIONAL DO PROCEDEMENTO DE SELECCIÓN PARA PERSOAL DO OBRADOIRO DE EMPREGO “CERCEDA- TORDOIA- TRAZO II”

RESULTADO PROVISIONAL DO PROCEDEMENTO DE SELECCIÓN PARA PERSOAL DO OBRADOIRO DE EMPREGO “CERCEDA- TORDOIA- TRAZO II” Attachments:
Acta de resultados provisionais persoal obradoiro

Subcategorías

¡Atención! Este sitio usa cookies e tecnoloxías similares. Pode cambiar a configuración do seu navegador para rechazar o emprego das mesmas. Pode consultar máis información en Información de cookies.

Acepto as cookies para este sitio.
EU Cookie Directive plugin by www.channeldigital.co.uk