Noticias

O parque acuático de Cerceda abre as súas instalacións para a tempada 2021 o 19 de xuño até o 5 de setembro.

As entradas poden obterse:

  1. En liña van poñerse a venda a partir do día 7 de xuño. As entradas levarán a data, NON admiten devolución e NON dan prioridade no acceso.

  2. Na taquilla do parque a partir das 11 mañá que abren a súa venta ao público.

Novidades:

  1. Unha nova atracción O Barco, esta nova atracción está pensada para os cativos e cativas, onde poderán xogar e refrescarse durante horas.

  2. Liña de trasporte desde A Coruña até o Aquapark. Para os xóvenes coa tarxeta “Xente Nova” a viaxe será gratuita. As persoas usuarias que non teñan a tarxeta, deben aboar o custo establecido pola empresa que fai a liña, coa tarxeta de trasporte metropolitano o custo é inferior.

O bus sairá da Coruña- Entrexardins pasará por diferentes paradas até o Aquapark de Cerceda, ás 11:30 e chega ás 12:30, e logo sairá de volta do Aquapark ás 20 horas e chegará A Coruña- Entrexardíns ás 21 horas.

Toda a información da liña, paradas, horarios, presos e a tarxeta Xente Nova está neste enlace e próximamente na páxina web do Aquapark

Normativa:

  • Uso de máscara obrigatorio en toda a instalación, agás no vaso de auga.

  • Mantener a distancia de seguridade entre as diferentes persoas usuarias das instalacións.

  • Alfombras desinfectantes no acceso ás instalacións.

  • Punto de desinfección con hidroxel no acceso e nos diferentes accesos ás instalacións do parque.

  • Desinfección de aseos e vestiarios cada dúas horas.

  • Persoal encargado da vixiancia do mantemento da seguridade de distanciamento na zoa de toallas/verde.

  • Marcas indicativas da distancia de seguridade no acceso ás atraccións.

 

Dentro da convocatoria da Axencia Galega de Desenvolvemento Rural pola que se aproba o Plan marco de camiños municipais de acceso a parcelas agrícolas 2020-2021, cofinanciado co Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader) ao abeiro do Programa de desenvolvemento rural (PDR) de Galicia 2014-2020, o Concello de Cerceda acometeu o proxecto CAMIÑO DA ESTRADA AC-523 A ESTRADA DO MESÓN DO VENTO E OUTRO.

            

INFORMACIÓN DO NOVO SERVIZO DE INCIDENCIAS E SUXESTIÓNS DENTRO DA APLICACIÓN DE TOKAPP DO CONCELLO DE CERCEDA.

  1. Acceder a aplicación de TokApp do noso concello.

  2. Entrar no apartado de CHAT, e na parte inferior atoparás un botón ENVIAR AVISOS.

  3. Dependendo do que nos queiras facer chegar atoparás: INCIDENCIA ou SUXESTIÓN. Cando se refire as incidencias débese activar a xeolocalización co fin de que saibamos onde se atopa a incidencia.

A Lei 3/2007 de prevención de incendios forestais, establece que se vostede é titular/propietario de solares ou parcelas situadas en solo urbano, urbanizable e núcleo rural, ten a obriga de mantelas nun axeitado estado de limpeza e coa masa vexetal desbrozada antes do día 31 de maio de cada ano e do seguinte xeito ...

Attachments:
FileFile size
Download this file (280521 BANDO LIMPEZA PARCELAS.pdf)Bando de limpeza de parcelas111 kB

Páxina 10 de 29