Noticias

CORRECCIÓN DAS PUNTACIONS DA BOLSA DE TRABALLO SOCIAL

Correción da listaxe das puntuacións da fase de concurso da probas de acceso para a bolsa de traballo social do concello de Cerceda. Attachments:
correccion listaxe TS.pdf

ACTA DO TRIBUNAL PARA A PROVISIÓN DA PRAZA DE ADMINISTRATIVO/A INTERINO/A

ACTA DO TRIBUNAL PARA A PROVISIÓN DA PRAZA DE ADMINISTRATIVO/A INTERINO/A. Sendo as 9 horas do día 22/3/2018, reúnese o Tribunal para a provisión da praza de administrativo/a interino/a, co fin de rematar a evaluación do segundo exercicio, que se iniciou no día de onte una vez finalizada a realización dunha proba práctica.
Unha vez rematada a corrección resultan os seguintes resultados:
Nº OPOSITOR NOTA 2
44  7.75
43  4.75
42  3.25
41  4.50
40  2.50
4  7.75
45  5.75
29  3.50
30  7.50 
3  2.50
  PRIMEIRO-Publicar os resultados da segunda proba.
SEGUNDO.-Establecer, según o estipulado nas bases, un prazo de alegacións ata o 28/3/2018, incluido. Estas deberán ser enviadas, única e exlusivamente, ó correo

ACTA DO TRIBUNAL PARA A PROVISIÓN DA PRAZA DE ADMINISTRATIVO/A INTERINO/A

ACTA DO TRIBUNAL PARA A PROVISIÓN DA PRAZA DE ADMINISTRATIVO/A INTERINO/A
Sendo as 9 horas do día  21/3/2018, reúnese o tribunal para a provisión da praza de administrativo/a interino/a, co fin de resolver as reclamacións efectuadas ó primeiro exercicio.
En tempo e prazo, presentou unha reclamación a opositora XXXXXXXX, en diante e para os documentos de exposición pública, opositora nº22: “Opositora nº 22, e o pasado xoves  15 de marzo participei no exame tipo test para cubrir unha praza de administrativo, funcionario interino no Concello de Cerceda
 
A  pregunta 40 do test  dicía o seguinte:
Son tributos propios das entidades locais:
 
a)Taxas, contribucións especiais e impostos
B) Taxas,contribucións especiais e impostos ,e a participación en tributos do estado e da scomunidades autónomas
c)Taxas,contribucións especiais e impostos, e os recargos legalmente esixibles sobre os impostos, as comunidades autónomas e doutras entidades locais
 
O tribunal dá como correcta a opción A) pero o artigo 2.1 letra b) do RDL 2/2004 do 5 de marzo polo que se aproba o Texto Refundido da Lei Reguladora de Facendas Locais di o seguinte:
 
b) Los tributos propios clasificados en tasas, contribuciones especiales e impuestos y los recargos exigibles sobre los impuestos de las comunidades autónomas o de otras entidades locales.
 
Segundo o exposto solicitose sexa dada como válida a opción C) como resposta correcta da pregunta 40 do exame
Se modifique a plantilla de respostas tendo en conta o anterior
Se corrixan as puntacións dos opositores  debido a este cambio.” Unha vez analizada a reclamación, constátase que a opositora non se dá conta de que se pregunta “cales son os tributos propios das entidades locais”, non “cales son os recursos propios das entidades locais” e ,precisamente no art 2.1 letra b) do RDL 2/2004 do 5 de marzo polo que se aproba o Texto Refundido da Lei Reguladora de Facendas Locais  defínese que os recursos están intregrados por: “b) Os tributos propios clasificados en taxas, contribucións especiais e impostos e os recargos esixibles sobre os impostos das comunidades autónomas ou doutras entidades locais.” Como se pode ver nese apartado, xa se definen os tributos propios que non son outros que as taxas, contribucións especiais e impostos.  É polo que este  Tribunal resolve: 1.-Desestimar a reclamación formulada pola opositora número 22, xa que a pregunta formulada eran sobre os tributos propios non os recursos das entidades locais. 2.- Como xa se tiña anunciado o exame práctico realizarase o día xoves 22 de marzo de 2018 ás 9:30h no Salón de Plenos do Concello de Cerceda. Avda. do Mesón, 21 – Cerceda
Remata esta sesión sendo as 9 horas e 30 minutos do día da data, da que se extende a presente acta.

AVISO de modificación da data do exame práctico da praza de administrativo/a

Reunido o tribunal cualificador da  praza de admnistrativo/a interino/a, e á vista das bases da convocatoria, Resolve: 1.- Conceder prazo de alegacións ata o día:  martes 20 de marzo de 2018, que deberán ser enviadas ao correo electrónico, " \n Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo. " 2.- As alegacións, de habelas, resolveránse o mércores día 21 de marzo de 2018. Serán comunicadas aos interesados polo correo electrónico que facilitaran eles mesmos. 3.- O exame práctico realizarase o día xoves 22 de marzo de 2018 ás 9:30h no Salón de Plenos do Concello de Cerceda. Avda. do Mesón, 21 – Cerceda.  Polo que anúlase a convocatoria feita para o día 19 de marzo ás 9:30h. Cerceda, 16 de marzo de 2018

Convocatoria proba práctica de exame de administrativo/a interino/a para o 19 de marzo de 2018

Reunido o Tribunal cualificador acorda convocar a proba práctica para o vindeiro día 19 de marzo de 2018 as 9.30 horas, que se realizará no Salón de Plenos da Casa Consistorial. Os opositores convocados son os seguintes:
NUMERO DE OPOSITOR NOTA
 6. 5,30
 11. 5,95
 12. 5,20
 15. 5,05
 19. 8,75
 20. 7,30
 22. 6,80
 23. 5,45
 25. 5,70
 27. 7,30
Cerceda, 15 de marzo de 2018. O TRIBUNAL

RESOLUCIÓN DE APROBACIÓN DE RELACIÓN DEFINITIVA PROCESO SELECTIVO PRAZA DE ADMINISTRATIVO/A

RESOLUCIÓN DE APROBACIÓN DE RELACIÓN DEFINITIVA DE PERSOAS ADMITIDAS E EXCLUÍDAS, TRIBUNAL , LUGAR E DATA DE EXAME Rematado o prazo de subsanaciónde instancias para participar no proceso selectivo para a provisión, en réxime de interinidade, dunha praza de
administrativo/a, publicado no Boletín Oficial da Provincia de A Coruña n.º 202, do 24/10/17... >>> Ver resolución completa

Subcategorías

FacebookTwitterDeliciousGoogle BookmarksRedditLinkedinRSS Feed Pin It

¡Atención! Este sitio usa cookies e tecnoloxías similares. Pode cambiar a configuración do seu navegador para rechazar o emprego das mesmas. Pode consultar máis información en Información de cookies.

Acepto as cookies para este sitio.
EU Cookie Directive plugin by www.channeldigital.co.uk