Noticias

NOTA INFORMATIVA FACTURA ELECTRÓNICA

Procedemento para tramitación de facturas

INEGA Enerxías Renovables 2016: Proxectos Cerceda

O Concello de Cerceda, a través do INEGA co cofinanciamento dos fondos FEADER, ven de executar os seguintes proxectos de enerxías renovables:
  • O Concello de Cerceda executou un proxecto de Instalación de colectores solares para quentamento de AQS no campo de fútbol municipal das Encrobas. A obra foi financiada pola convocatoria do INEGA para proxectos de enerxías renovables na anualidade 2016. A axuda concedida é de 5.701,12 € e conta co finaciamento da Unión Europea.
  • O Concello de Cerceda executou un proxecto de Instalación de colectores solares para quentamento de AQS no campo de fútbol municipal de Queixas. A obra foi financiada pola convocatoria do INEGA para proxectos de enerxías renovables na anualidade 2016. A axuda concedida é de 5.701,12 € e conta co finaciamento da Unión Europea.
Attachments:
INEGA ENERXÍAS RENOVABLES 2016_ENCROBAS.pdf
INEGA ENERXÍAS RENOVABLES 2016_QUEIXAS.pdf

Plan Marco : Mellora de camiños municipais de acceso a explotacións agrarias 2016

Dentro do Plan Marco : Mellora de camiños municipais de acceso a explotacións agrarias 2016, subvencionado pola Consellería de Medio Rural, e financiado polo Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (FEADER) o Concello de Cerceda executou o proxecto “Camiño de Brazal- Límite e outros”. Neste proxecto executáronse as obras de mellora dos camiños Brazal- Límite, Cabalar a Aruxeira, Aruxeira a Gándara e camiño de Belsar.

Constituída a nova Corporación Municipal

O pasado sábado, 13 de xuño, quedou constituída a nova Corporación municipal tras as eleccións do 24 de maio. A composición queda do seguinte xeito: Grupo municipal do PSG-PSOE: 7 concelleiros/as
  • D. José García Liñares, Alcalde-Presidente
  • D. Antonio Lozano García
  • Dna. María Viqueira Iglesias
  • D. Jesús Rama Bello
  • Dna. Matilde Begoña Rodríguez Rumbo
  • D. Francisco Javier Boquete Cambón
  • Dna. Cristina Capelán Cancelo
Grupo municipal do PP: 4 concelleiros/as
  • D. José Francisco Santos Regueiro
  • D. Juan José Boquete Carnota
  • Dna. Pilar Amor Mallo
  • Dna. Gloria Bocija Louro
Grupo municipal do BNG: 2 concelleiros/as
  • Dna. Rocío da Igrexa Prego
  • D. Alberte Sánchez Regueiro

BASES PARA A SELECCIÓN DO ALUMNADO-TRABALLADOR/A E PERSOAL DO OBRADOIRO DE EMPREGO "CERCEDA- TORDOIA- TRAZO II"

O obradoiro de emprego  "Cerceda- Tordoia- Trazo II", é un programa mixto de formación e emprego dirixido a mellorar a ocupabilidade de persoas desempregadas. Está subvencionado pola Consellería de Economía, Emprego e Industria e cofinanciado polo Ministerio de Emprego e Seguridade Social e promovido polo Concello de Cerceda, conveniado cos concellos de Tordoia e Trazo. Dende o Concello de Cerceda dase publicidade as bases que rexeran o proceso selectivo do Obradoiro de Emprego "Cerceda- Tordoia- Trazo II", a din dar cumprimento a convocatoria e de facilitar a información a todos/as os/as interesados/as. Attachments:
bases obradoiro.pdf

Subcategorías

FacebookTwitterDeliciousGoogle BookmarksRedditLinkedinRSS Feed Pin It

¡Atención! Este sitio usa cookies e tecnoloxías similares. Pode cambiar a configuración do seu navegador para rechazar o emprego das mesmas. Pode consultar máis información en Información de cookies.

Acepto as cookies para este sitio.
EU Cookie Directive plugin by www.channeldigital.co.uk