Noticias

Torneo Xadrez Concello de Cerceda este domingo 1 de outubro na Polideportiva de Cerceda

O próximo domingo, 1 de outubro, a Polideportiva de Cerceda acolle o II Aberto de Xadrez Concello de Cerceda, incluído no II Circuíto intercomarcal da Deputación da Coruña. O encontro terá a partir das 15:45h. Consulta as Bases do Aberto e o proceso de inscrición na proba: Bases do II Aberto de Xadrez Concello de Cerceda – VIII proba de II Circuito Intercomarcal Deputación da Coruña
Data: domingo 1 de outubro de 2017.
Local de xogo: Polideportiva de Cerceda.
Sistema de xogo: suizo a 7-8 rondas dependendo do número de xogadores.
Ritmo de xogo: 10´+ 2”
Horario de xogo: 15:45 presentación, 16:15: 1ª ronda, 21:30 clausura
Inscricions: xeral 6€, sub-16 3€, locais: 3€, exentos GM-MI. Pódense realizar no mail pokeryajedrez@gmail.com ou no 617234393 ata o sábado 30 de setembro. Emparellamentos: realizarase mediante programa informático, non se admitirán reclamacións salvo erros na introducción de resultados antes da seguinte rolda.
Participantes: todos os xogadores deben estar federados (se algún non o esta podemos federalo ata o día 30), o torneo será válido para ELO FIDE de xadrez rápido. Desempates: resultado particular, bucholz -1, bucholz total e progresivo.
Tempo de espera: hasta a caída da bandeira. Un xogador que non compareza a partida sin causa xustificada será eliminado do torneo.

XIII Carreira Popular Pedestre da Silva este domingo 17 de setembro

Este domingo, 17 de setembro, disputarase a XIII Carreira Popular Pedestre da Silva, dende as 10:20h. Como novidade, nesta cita do 2017 tamén se desenvolverá unha competición de Salto na rúa. Anota a cita deportiva desta fin de semana!

LISTAXE PROVISIONAL DE ADMITIDOS/AS E EXCLUÍDOS/AS PARA A BOLSA DE ADMINISTRATIVO/A

No Boletín Oficial da Provincia do día de hoxe, saíu publicada a relación provisional de persoas admitidas e excluídas para a participación no referido proceso selectivo. Dispoñerase do prazo de cinco días hábiles, a contar desde o seguinte ó de publicación da presente Resolución no Boletín Oficial da Provincia de A Coruña, para a presentación das reclamacións oportunas ou a emenda dos defectos existentes, nos términos do artigo 68 a Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.” Pode consultase no seguinte enlace: https://bop.dicoruna.es/bopportal/publicado/2020/09/09/2020_0000006186.pdf ou no pdf adxunto a esta publicación. Attachments:
LISTAXE PROVISIONAL.pdf

BASES PARA A SELECCIÓN DO ALUMNADO-TRABALLADOR/A E PERSOAL DO OBRADOIRO DE EMPREGO "CERCEDA- TORDOIA- TRAZO II"

O obradoiro de emprego  "Cerceda- Tordoia- Trazo II", é un programa mixto de formación e emprego dirixido a mellorar a ocupabilidade de persoas desempregadas. Está subvencionado pola Consellería de Economía, Emprego e Industria e cofinanciado polo Ministerio de Emprego e Seguridade Social e promovido polo Concello de Cerceda, conveniado cos concellos de Tordoia e Trazo. Dende o Concello de Cerceda dase publicidade as bases que rexeran o proceso selectivo do Obradoiro de Emprego "Cerceda- Tordoia- Trazo II", a din dar cumprimento a convocatoria e de facilitar a información a todos/as os/as interesados/as. Attachments:
bases obradoiro.pdf

CORRECCIÓN DAS PUNTACIONS DA BOLSA DE TRABALLO SOCIAL

Correción da listaxe das puntuacións da fase de concurso da probas de acceso para a bolsa de traballo social do concello de Cerceda. Attachments:
correccion listaxe TS.pdf

Subcategorías

¡Atención! Este sitio usa cookies e tecnoloxías similares. Pode cambiar a configuración do seu navegador para rechazar o emprego das mesmas. Pode consultar máis información en Información de cookies.

Acepto as cookies para este sitio.
EU Cookie Directive plugin by www.channeldigital.co.uk