Noticias

A Escola municipal de teatro de Abegondo representa en Cerceda a obra "A costureira das ánimas" o domingo 18 de novembro, ás 19h

A programación teatral do mes de novembro continúa durante o domingo, 18 ás 19h, coa presentación da espectáculo“ A costureira das ánimas” a cargo da Escola municipal de teatro de Abegondo. A representación teatral é unha adaptación da obra, co mesmo nome, da autora Ana Mª Prado Riveiro. Unha comedia en memoria dos nosos defuntos. Os vivos, tamén, estades convidados. Hai uns anos, as costureiras percorrían vilas e aldeas coa máquina de coser sobre a cabeza na procura de visos, pantalóns, saias ou calquera outra peza de roupa para amañar. Había que ter forza, tanto nas pernas coma no pescozo, para termar da"singer"durante as complicadas andadas por montes e leiras ata chegar a algún lugar onde pasar a noite e coser o que dispuxese a dona da casa.En todas as familias, había as súas cousas entre mortos e vivos. Os mortos aturábanse ben. Os coitados dos finados eran corpos sen vontade que cumpría axeitar como se viña facendo desde sempre. A costureira deste relato atopouse nunha situación inesperada .despois de que lle encargaran empanicar un morto. Descubriu que, ás veces, a relación cos mortos pode ser máis beneficiosa do que nunca chegara a pensar.
  • ·Domingo 18/novembro/ Ás 19h/ Auditorio municipal de Cerceda
  • ·A COSTUREIRA DAS ÁNIMAS: Recomendada para maiores de 10 anos

Aguratrat da Compañía Pérez&Fernández no Auditorio municipal o domingo 11 de novembro ás 17h30

A programación municipal de espectáculos teatrais, do mes de novembro, comeza o domingo 11, ás 17h30. Chega ao noso Auditorio municipal AGURATRAT é a adaptación teatral da Cía. Pérez&Fernández do libro "Esio Trot" de Roald Dahl, un dos autores máis lidos da literatura infantil universal ("Charlie e a fábrica de chocolate", "James e o pexego xigante", "Matilda", "As Bruxas", "Mr. Fox", etc.) Nesta historia sobresaen dous importantes aspectos: o amor entre persoas maiores e o amor ós animais. Ambos temas tratados con delicadeza e humor. Unha obra de teatro para público familiar que goste dos xogos de palabras, das tartarugas, dos seus maiores e das ideas orixinais e divertidas.
  • ·Domingo 11/novembro/ Ás 17h30
  • ·AGURATRAT: Público familiar (a partir de 4 anos)
Coa colaboración da Rede Cultural da Deputación da Coruña 2018 @DACCultura  

Obradoiro de Cociña para nen@s: aberto o prazo de inscrición

Neste mes de novembro voltan as nosas cociñas @s rapaces e rapazas, de Cerceda, con idades comprendidas entre os 5 e os 12 anos (nacidos entre o 2006 e o 2013). Xa podes facer a túa inscrición nas Oficinas xerais do concello.  INSCRICIÓNS AO OBRADOIRO COAS MANS NA MASA_NOVEMBRO 2018
  • Datas: martes 6, 13, 20 e 27 de novembro
  • Horario: das 17 ás 18h30
  • Inscricións: a partir do martes, 30 de outubro.
  • Xunto coa solicitude é preciso entregar o xustificante bancario de pagamento da actividade.
    • Datos para facer o ingreso bancario
  • Inscrición ao curso de cociña "Coas mans na masa"_novembro 2018
  • Concepto: Inscrición de (nome e apelidos do/a menor) no Curso de Cociña "Coas mans na masa_novembro 2018
  • Importe: 9 euros
Attachments:
SOLICITUDE PARA PARTICIPAR NO OBRADOIRO coas mans na masa.pdf

Sábado Cine no Auditorio municipal co filme A tropa de trapo no país onde sembre brilla o sol

Este sábado, 27 de outubro ás 18h30, non te perdas a proxección A tropa de trapo no país onde sempre brilla o sol no Auditorio municipal de Cerceda. Anota a túa cita! A viaxe da pequena Mumu para conseguir o seu soño: Ser unha super-estrela. A vaquiña Mumu vai vivir unha aventura de acción, suspense e emoción. Os seus enormes desexos de se converter nunha estrela conducirana a unha situación surrealista, da que será liberada grazas ao labor en equipo e ao enxeño dos seus compañeiros, aos que abandoara por careceren do glamour ao que ela aspiraba. Grazas a eles descubrirá que debemos querer aos demais tal e como son e non polo brillo que aparenten ter. Estrea en salas 29/11/10. 

Palmarés: En 2011 competiu na categoría de mellor filme de animación para os premios Goya do cine español. Recibiu o premio á mellor longametraxe de animación na terceira edición dos Premios Gaudí. Premio do xurado infantil á mellor longametraxe en competición, no XXI Festival Internacional de Cine para Niños Y Jóvenes, Divercine (Uruguay 2012). Premio á mellor orquestración para súa banda sonora na competición de música para cine do 10º Garden State Film Festival (Nova Jersey, Estados Unidos de América 2012). A BSO tamén levou a medalla de ouro á excelencia no Festival de Música de Cine del Festival Internacional de Utah (EEUU 2011) e o Premio Jerry Goldsmith á mellor banda sonora e á mellor compositora no VII Festival de Música de Cine Ciudad de Úbeda (2011). Ficha Coa colaboración da Rede Cultural da Deputación da Coruña 2018 @DACCultura 

Obradoiro creativo na Biblioteca de Cerceda para o venres 19 de outubro

Dentro da programación de actividades de dinamización das Bibliotecas municipais, organízase para o próximo venres 19 de outubro un obradoiro creativo no Deseño de bolsas e mochilas para lectores/as. É preciso facer a inscrición, ben nas Oficinas xerais ou no teléfono 981685001. A actividade está dirixida ás nenas e nenos con idades comprendidas entre os 6 e os 10 anos. Apresúrate a facer a túa inscrición.
  • INSCRICIÓNS PARA OBRADOIRO CREATIVO DA BIBLIOTECA MUNICIPAL DE CERCEDA --- DO VENRES, 19 DE OUTUBRO, ÁS 17H
  • NAS OFICINAS XERAIS OU NO TELÉFONO 981685001
  • UNHA ACTIVIDADE DOS 6 AOS 10 ANOS DE IDADE
Unha actividade incluída na programación Ler conta moito da SX. de Cultura

O caso é ter saúde da Compañía Malasombra este domingo 7 no Auditorio municipal de Cerceda

Comeza outubro e con él a temporada de escena no Auditorio municipal de Cerceda, co espectáculo O caso é ter saúde da Compañía Malasombra. Anota a cita, domingo 7 ás 19h no auditorio. “O caso é ter saúde ” é unha comedia de principio a fin, polo que a súa principal pretensión é que o espectador oscile entre o sorriso e a gargallada durante a duración do espectáculo, que está cheo de personaxes divertidos metidos en situacións imprevisibles. Dende o humor, “O caso é ter saúde” fala da condición humana, da súa ambición polos cartos, e de todo o que a xente é capaz de facer con tal de conseguir o ansiado diñeiro.

Eiche Cantar...en Cerceda! o venres 28 no Auditorio municipal

Eiche cantar en Cerceda con Rosa Cedrón, Paco Lodeiro e Miguel Ladrón de Guevara, traerán da man da Banda Municipal de Música de Betanzos unha homenaxe ás nosas músicas e cancións de toda unha vida. Apunta a cita: Venres 28 de setembro, no Auditorio municipal de Cerceda, ás 21h

Roi Casal en Cerceda, venres 14 de setembro no Auditorio municipal

Roi Casal presenta en Cerceda a súa Xira de 10 anos nos escenarios. O artista consolida a súa carreira musical e teremos a ocasión de aproximarnos a ela o venres 14 de setembro no Auditorio municipal de Cerceda, ás 21h.

Luar na Lubre en concerto o venres 7 de setembro no Auditorio municipal de Cerceda

Chega a Cerceda Luar na Lubre coa xira do seu XXX Aniversario. Unha ocasión única de desfrutar das mellores das nosas músicas. Anota a cita:
  • LUAR NA LUBRE EN CONCERTO--- XXX ANIVERSARIO
  • VENRES, 7 DE SETEMBRO// ÁS 21H//AUDITORIO MUNICIPAL DE CERCEDA
  • Entrada gratuíta ata completar aforo
 

Merendas e Contos na Biblioteca de Cerceda este venres 27 de abril

Este venres, 27 de abril ás 17:15h, tocan Merendas e Contos para celebrar a semana do Libro e da Lectura na Biblioteca de Cerceda. Así que non esquezas facer a túa inscrición nas Oficinas xerais do Concello ou no teléfono 981685001.
  • BIBLIOTECA MUNICIPAL DE CERCEDA
  • MERENDAS E CONTOS, ÁS 17:15H
  • Espectáculo: De catro en catro, historias no mar
  • INSCRICIÓNS: Nas Oficinas xerais ou no teléfono 981685001
 

Subcategorías

FacebookTwitterDeliciousGoogle BookmarksRedditLinkedinRSS Feed Pin It

¡Atención! Este sitio usa cookies e tecnoloxías similares. Pode cambiar a configuración do seu navegador para rechazar o emprego das mesmas. Pode consultar máis información en Información de cookies.

Acepto as cookies para este sitio.
EU Cookie Directive plugin by www.channeldigital.co.uk