Noticias

AVISO de modificación da data do exame práctico da praza de administrativo/a

Reunido o tribunal cualificador da  praza de admnistrativo/a interino/a, e á vista das bases da convocatoria, Resolve: 1.- Conceder prazo de alegacións ata o día:  martes 20 de marzo de 2018, que deberán ser enviadas ao correo electrónico, "Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo. // " 2.- As alegacións, de habelas, resolveránse o mércores día 21 de marzo de 2018. Serán comunicadas aos interesados polo correo electrónico que facilitaran eles mesmos. 3.- O exame práctico realizarase o día xoves 22 de marzo de 2018 ás 9:30h no Salón de Plenos do Concello de Cerceda. Avda. do Mesón, 21 – Cerceda.  Polo que anúlase a convocatoria feita para o día 19 de marzo ás 9:30h. Cerceda, 16 de marzo de 2018

Convocatoria proba práctica de exame de administrativo/a interino/a para o 19 de marzo de 2018

Reunido o Tribunal cualificador acorda convocar a proba práctica para o vindeiro día 19 de marzo de 2018 as 9.30 horas, que se realizará no Salón de Plenos da Casa Consistorial. Os opositores convocados son os seguintes:
NUMERO DE OPOSITOR NOTA
 6. 5,30
 11. 5,95
 12. 5,20
 15. 5,05
 19. 8,75
 20. 7,30
 22. 6,80
 23. 5,45
 25. 5,70
 27. 7,30
Cerceda, 15 de marzo de 2018. O TRIBUNAL

RESOLUCIÓN DE APROBACIÓN DE RELACIÓN DEFINITIVA PROCESO SELECTIVO PRAZA DE ADMINISTRATIVO/A

RESOLUCIÓN DE APROBACIÓN DE RELACIÓN DEFINITIVA DE PERSOAS ADMITIDAS E EXCLUÍDAS, TRIBUNAL , LUGAR E DATA DE EXAME Rematado o prazo de subsanaciónde instancias para participar no proceso selectivo para a provisión, en réxime de interinidade, dunha praza de
administrativo/a, publicado no Boletín Oficial da Provincia de A Coruña n.º 202, do 24/10/17... >>> Ver resolución completa

LISTAXE PROVISIONAL BOLSA DE TRABALLADORES/AS SOCIAIS

Listaxe provisional bolsa emprego traballador/a social (02/03/2018) Máis información: http://bop.dicoruna.es/bopportal/publicado/2018/03/02/2018_0000001592.html           Convócanse as probas selectivas para o acceso a Bolsa de Emprego de Traballadores/as Sociais do Concello. Máis información:   http://bop.dicoruna.es/bopportal/publicado/2018/02/09/2018_0000001072.html

Obradoiro de Emprego CERCEDA-TORDOIA-TRAZO: Publicación das bases para a selección do alumnado traballador e do persoal

OBRADOIRO DE EMPREGO CERCEDA-TORDOIA-TRAZO O Concello de Cerceda ten concedido o desenvolvemento dun Obradoiro de Emprego cos Concellos de Tordoia e Trazo. As entrevistas de selección do alumnado traballador/a e do persoal docente e administrativo desenvolveranse durante os días 28 e 29 de xullo. Para dar publicidade do procedemento publícanse as bases polas que se rexerá o proceso selectivo.   Attachments:
1Bases.pdf
2Baremo alumnado(1).pdf

Publicación das listaxes coas solicitudes completas e pendentes de emendar documentación para as axudas de material escolar. Curso 2019-2020

Rematado o prazo de presentación de solicitudes para as axudas dirixidas ás familias para libros de texto, material escolar e vestiario para o curso 2019/2020, e unha vez comprobada a documentación que acompaña cada unha delas, o Departamento de Servizos Sociais elaborou o informe proposta da resolución provisional das solicitudes completas e as pendentes de emendar documentación. Informar ás persoas interesadas que de acordo co artigo 9.1 das bases da convocatoria disporán dun prazo de 10 días hábiles para presentar alegacións e/ou emendar a documentación requirida. No caso en que as persoas interesadas non presenten, no Rexistro Xeral do Concello a documentación para subsanar no prazo establecido, quedarán denegadas.   Máis información no Departamento de Servizos Sociais ou no teléfono 981 686 068 Attachments:
LISTAXE DE SOLICITUDES COMPLETAS-INCOMPLETAS CURSO 2019-2020.pdf

CAMPAÑA DE RECOLLIDA DE MATERIAL ESCOLAR

Dende o Departamento de Servizos Sociais do Concello de Cerceda, colaborarase coa Fundación Amigos de Galicia, na recollida de material escolar. O prazo para a poboación que queira colaborar coa donación de material escolar, remata o día 23 de agosto. O lugar de recollida é no terceiro andar do edificio municipal, no departamento de Servizos Sociais. O material que mais se precisa son: gomas, tesoiras, carpetas, libretas, mochilas... Para mais información poden chamar ao telf. 981 68 60 68   .

Inscripción no Servizo Bos Días Cole

Subcategorías

¡Atención! Este sitio usa cookies e tecnoloxías similares. Pode cambiar a configuración do seu navegador para rechazar o emprego das mesmas. Pode consultar máis información en Información de cookies.

Acepto as cookies para este sitio.
EU Cookie Directive plugin by www.channeldigital.co.uk