Noticias

A escola infantil permanecerá pechada ata setembro

Reapertura do Punto Limpo: 4 de xuño

BANDO: Exposición pública do censo electoral

Escola Infantil: prazos solicitude praza e renovación curso 2020-21

Desde o luns 25 de maio ata o venres 5 de xuño queda aberto o prazo de inscrición e renovación de praza para a Escola Infantil Os Pillabáns de Cerceda.
As persoas solicitantes da nova praza ou renovación teñen dúas opcións para obteren as solicitudes correspondentes:
  • Poden descargar as solicitudes na páxina web do Cencello de Cerceda, www.cerceda.org, sede electrónica.
  • Poden recoller as solicitudes no departamento de Servizos Sociais do Concello de Cerceda. Debido a situación de Estado de Alarma, deben solicitar unha cita previa no teléfono 981 68 60 68.
A entrega das solicitudes no Rexistro Municipal debe ser tamén solicitando cita previa no teléfono 981 68 50 01.   SÓ SE ATENDERÁ CON CITA PREVIA.
SERVIZOS SOCIAIS 981 68 60 68
REXISTRO MUNICIPAL 981 50 01    Descargar solicitude nova praza     Descargar solicitude renovación  

PERMISOS DE QUEIMA (08/05/20)

A partir do día 11 de maio de 2020 levantase a suspensión para a realización de queimas no terreos rústicos, suxeitas á obten­ción de autorización previa ou a comunicación.
Mentres non estean abertas ao público as oficinas dos distritos ou servizos de prevención e defensa contra incendios , os interesados poderán facer este trámite empregando dúas vías:     • Chamando ao 012
    • Ou por vía telemática dende o enderezo web: https://queimasweb.xunta.gal   RESOLUCIÓN do 7 de maio de 2020 relativa ás queimas de restos agrícolas nos terreos rústicos, en cumprimento do Acordo do Centro de Coordinación Operativa da emerxencia sanitaria na Comunidade Autónoma de Galicia (Cecop) do 5 de maio de 2020.

Cambio nas restricións horarias para realizar actividades físicas (08/05/20)

Desde hoxe 08/05 permítense as actividades físicas individuais en vías públicas sen restricións horarias en todo o Concello de Cerceda entre as 6:00 e as 23:00 horas.
A medida afecta á totalidade do termo municipal ao non existir núcleos de poboación de máis de 5.000 habitantes.
Lembra que o resto de restricións si permanecen vixentes, polo tanto recorda:
  • A práctica deportiva debe ser individual, sen contacto con outras persoas, unha vez ao día e sen saír do municipio.
  • Os paseos podes realizalos cunha persoa coa que convivas, unha vez ao día e a non máis de un quilómetro do teu lugar de residencia. As persoas que teñan que saír acompañadas poderán facelo cun coidador.
  • Unha persoa adulta pode saír acompañada de ata tres menores de 14 anos cos que conviva.

REPARTO DE MÁSCARAS AOS ESTABLECEMENTOS COMERCIAIS (07/05/20)

NORMATIVA PARA DESPLAZAMENTOS A FINCAS (06/05/20)

1. PARA A REALIZACIÓN DE TAREFAS POR AGRICULTORES NON PROFESIONAIS:
Coa finalidade de regular as actividades realizadas por agricultores non profesionais, a Xunta de Galicia modificou a Orde publicada o 24 de marzo para facilitar  estas labores.
Os agricultores non profesionais poderán desprazarse en todo o seu concello e no municipio adxacente para o coidado e a recolección de producións agrícolas.
Para poder xustificar estes desprazamentos deberán levar consigo unha declaración responsable na que se relacionen as fincas nas que van realizar estes cultivos ou traballos que se van realizar.
A Xunta estableceu que segundo o tipo de cultivo ou traballos poderán desprazarse ata 2 persoas, sempre polo período de tempo mínimo e imprescindible e gardando as distancias de seguridade e demais protocolos establecidos pola autoridade sanitaria.   2.  PARA A REALIZACIÓN DE TAREFAS POR AGRICULTORES PROFESIONAIS:
Para este tipo de profesionais non se producen cambios relacionados co desenvolvemento da súa actividade (tanto para eles como para os seus traballadores)
Poderán seguir desprazándose para a realización dos traballos necesarios de atención e mantemento dos seus cultivos e viñedos; poderán acreditar a súa condición de profesionais coa súa inscrición no Rexistro de Explotacións Agrarias de Galicia.   Descargar declaración responsable

RECOLLIDA DE VOLUMINOSOS PORTA A PORTA (04/05/20)

Informamos que este mes vaise retomar a recollida de voluminosos porta a porta.
A recollida farase o último venres de cada mes, previa comunicación ao condutor do camión da recollida do lixo ou solicitala chamando ao seguinte número de teléfono: 609.44.27.88
Unha vez feita a comunicación, os residuos depositaranse nas inmediacións dos colectores do lixo, nos días e horas indicados polo persoal encargado da súa recollida.

Limpeza de faixas secundarias e Permisos de queima en explotacións agrícolas profesionais

Limpeza de faixas secundarias e Permisos de queima en explotacións agrícolas profesionais   1. Está reactivada a obriga dos particulares de levar a cabo a limpeza en faixas secundarias (50 metros próximos as vivendas), aínda que se amplía este prazo ata o día 16 de xullo (incluído)
Para a realización destas limpezas, os particulares deberán levar consigo unha declaración responsable coa que xustificar as súas actuacións, incluíndo a identificación da parcela e a súa referencia catastral. Deberán levar consigo os apeiros, ferramentas e utensilios necesarios; e para o caso de non levalos, teñen que incluír na declaración responsable que os teñen depositados nas parcela ou nun lugar determinado.
2. A Xunta de Galicia permite solicitar queimas por razón fitosanitarias en explotacións agrícolas profesionais. Nas particulares aínda non están permitidas as queimas. As solicitudes deben remitirse aos Servizos de Prevención de Incendios Forestais das Xefaturas territoriais da Consellería de Medio Rural a través do enderezo electrónico: ccp.coruna@xunta.gal   MODELO DE DECLARACIÓN RESPONSABLE PARA REALIZAR TAREAS DE LIMPEZA NAS FAIXAS SECUNDARIAS   RESOLUCIÓN do 28 de abril de 2020 relativa ao prazo previsto no artigo 22.1 da Lei 3/2007, do 9 de abril, de prevención e defensa contra os incendios forestais de Galicia, en cumprimento do Acordo do Centro de Coordinación Operativa da emerxencia sanitaria na Comunidade Autónoma de Galicia (Cecop) do 25 de abril. RESOLUCIÓN do 28 de abril de 2020 relativa ás queimas de restos agrícolas amoreados por motivos fitosanitarios en explotacións agrícolas profesionais, en cumprimento do Acordo do Centro de Coordinación Operativa da emerxencia sanitaria na Comunidade Autónoma de Galicia (Cecop) do 25 de abril.  

Subcategorías

FacebookTwitterDeliciousGoogle BookmarksRedditLinkedinRSS Feed Pin It

¡Atención! Este sitio usa cookies e tecnoloxías similares. Pode cambiar a configuración do seu navegador para rechazar o emprego das mesmas. Pode consultar máis información en Información de cookies.

Acepto as cookies para este sitio.
EU Cookie Directive plugin by www.channeldigital.co.uk