Noticias

Torneo Xadrez Concello de Cerceda este domingo 1 de outubro na Polideportiva de Cerceda

O próximo domingo, 1 de outubro, a Polideportiva de Cerceda acolle o II Aberto de Xadrez Concello de Cerceda, incluído no II Circuíto intercomarcal da Deputación da Coruña. O encontro terá a partir das 15:45h. Consulta as Bases do Aberto e o proceso de inscrición na proba: Bases do II Aberto de Xadrez Concello de Cerceda – VIII proba de II Circuito Intercomarcal Deputación da Coruña
Data: domingo 1 de outubro de 2017.
Local de xogo: Polideportiva de Cerceda.
Sistema de xogo: suizo a 7-8 rondas dependendo do número de xogadores.
Ritmo de xogo: 10´+ 2”
Horario de xogo: 15:45 presentación, 16:15: 1ª ronda, 21:30 clausura
Inscricions: xeral 6€, sub-16 3€, locais: 3€, exentos GM-MI. Pódense realizar no mail Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo. // ou no 617234393 ata o sábado 30 de setembro. Emparellamentos: realizarase mediante programa informático, non se admitirán reclamacións salvo erros na introducción de resultados antes da seguinte rolda.
Participantes: todos os xogadores deben estar federados (se algún non o esta podemos federalo ata o día 30), o torneo será válido para ELO FIDE de xadrez rápido. Desempates: resultado particular, bucholz -1, bucholz total e progresivo.
Tempo de espera: hasta a caída da bandeira. Un xogador que non compareza a partida sin causa xustificada será eliminado do torneo.

XIII Carreira Popular Pedestre da Silva este domingo 17 de setembro

Este domingo, 17 de setembro, disputarase a XIII Carreira Popular Pedestre da Silva, dende as 10:20h. Como novidade, nesta cita do 2017 tamén se desenvolverá unha competición de Salto na rúa. Anota a cita deportiva desta fin de semana!

Teléfono problemas recepción TDT: 900 833 999

CAU 900 833 999 Máis información en https://www.llega800.es/

A Mostra do FotografiaEnCurso do alumnado do CPI O Cruce chega á Sala de Exposicións Xosé Neira Vilas

O alumnado da ESO, do CPI O Cruce, estiveron a participar nun Obradoiro de fotografía coordinado polo Departamento didáctico de Debuxo. Agora, chegou o momento de que este proxecto vexa a luz cunha Exposión na Sala Municipal Xosé Neira Vilas da Biblioteca municipal. A inauguración este xoves, 27 de xuño ás 19h, na Biblioteca Municipal. Aquí tedes toda a información do proxecto Fotografía En Curso que tamén podedes seguir nas Redes  INSTAGRAM:  @g.o.c.galeriaocruce  #fotografiaencurso #fotografiaencurs #cpiocruce   FotografíaEnCurso- CPI O CRUCE O proxecto, no que participou o alumnado de 1º da ESO, recolle a iniciación á fotografía do alumnado da man do fotógrafo Luis Díaz, e ademáis de fotografar enclaves singulares arredor de As Encrobas, nos achegamos ás casas dalgúns dos seus antigos habitantes, moitos deles avós, familiares ou veciños dalgúns dos alumnos. Mentras os retratabamos contáronnos moitas historias da zona, de como era o val de As Encrobas antes de que fixeran a mina, e antes de que fixeran o lago, recordaron como vivía a xente daquela, o dura que era a vida para moitos deles, e tamén nos falaron da relación dos habitantes da comarca coa mina, co lago e coa central... Falando do pasado, do presente e do futuro, moitos rapaces redescubriron as súas raíces, e para algún deles foi realmente emocionante.. Agradecemos enormemente a xenerosidade de todos estes homes e mulleres que nos abriron as súas portas...

Despedimos o mes de Maio con Merendas e Contos na Biblioteca de Cerceda

Anota... este venres, 31 de maio, tocan Merendas e Contos na Biblioteca municipal de Cerceda ás 17h30. Non esquezas facer a túa inscrición nas Oficinas xerais do Concello.
  • MERENDAS E CONTOS NA BIBLIOTECA MUNICIPAL DE CERCEDA// VENRES, 31 DE MAIO ÁS 17H30
  • ESPECTÁCULO: Un invento para chegar ao ceo. TRINKE TRINKE TEATRO
  • INSCRICIÓNS: Nas Oficinas xerais ou no teléfono 981685001
 

Chega a Cerceda Patapatúm da Compañía Elefante Elegante o domingo 5 de maio

A espectáculo infantil PATAPATÚM, recentemente galardoado na edición XXIII Premios de Teatro María Casares, da Compañía Elefante Elegante chega a Cerceda o domingo 5 de maio ás 17:30h. Unha oportunidade para desfrutar dun espectáculo de teatro visual, e de gran elegancia estética, sen palabras para público infantil e familiar a partir de 3 anos. Cunha banda sonora inspirada no universo musical dixieland, a máscara e o xogo físico que propician un universo cómico que viaxa desde o realismo ata a hipérbole da nosa vida cotiá. Non o esquezas:
  • AUDITORIO MUNICIPAL DE CERCEDA/ DOMINGO, 5 DE MAIO ÁS 17:30H
  • ESPECTÁCULO: PATAPATÚM. COMPAÑÍA ELEFANTE ELEGANTE
  • Coa colaboración da Rede Cultural da Deputación da Coruña 

Canta, miña pedra, canta un espectáculo para as Letras Galegas 2019

Canta, miña pedra, canta Contos e cancións para renderlle homenaxe a Antonio Fraguas O Concello de Cerceda quere, deste xeito, conmemorar o Día das Nosas Letras cunha proposta de música familiar para o venres, 17 de maio ás 17h, no Auditorio municipal de Cerceda. O músico Xoán Curiel e a contadora Charo Pita reúnense neste espectáculo familiar que xira arredor dos relatos populares galegos e mais de cancións que o autor das Letras Galegas deste 2019 recolleu nas súas Aportacións ao Cancioneiro de Cotobade. Co obxectivo de que o público que ve o espectáculo poida seguir afondando na lectura en galego e no coñecemento do noso patrimonio lingüístico e literario, o alumnado de Educación Primaria dos centros educativos de Cerceda, con motivo do Día do Libro 2019, foi agasallado cunha pequena antoloxía de narracións tradicionais de Galicia escolmadas por Quique Harquindey e Maruxa Barrio titulada O fillo do rei e outros contos populares. AUDITORIO MUNICIPAL DE CERCEDA VENRES, 17 DE MAIO ÁS 17:00 H

Merendas e Contos na Biblioteca da Silva este venres 26 de abril

Este venres toca unha nova sesión de Merendas e Contos na Biblioteca municipal da Silva, co espectáculo "Unhas botas misteriosas" da compañía Trinke Trinke. Non esquezas facer a túa inscrición nas Oficinas xerais ou no teléfono 981685001
  • BIBLIOTECA MUNICIPAL DA SILVA // VENRES 26 DE ABRIL ÁS 17H30
  • ESPECTÁCULO: Unhas botas misteriosas
  • INSCRICIÓNS: Nas Oficinas xerais do Concello ou no teléfono 981685001

Andaina para coñecer Aula da Natureza e o Xardín botánico de Cerceda

O sábado 27 de abril levarase a cabo unha andaina dende o Campo da Feira ata o Xardín Botánico e a Aula da Natureza. A hora de saída será ás 11 da mañá dende o Campo da Feira de Cerceda, iremos ata o Xardín Botánico e visitaremos a Aula da Natureza, logo continuaremos polo Paseo do Acevedo, e a volta unha pequena parada para coller folgos e volta para Cerceda. Para anotarse ao 981685001 ou 682348556. Agardámosvos.

Programa de visitas aos museos de Cerceda: Museo da Minería este sábado 30 de marzo

Dende o Ecomuseo queremos achegarche outro dos nosos museos, neste caso o Museo da Minería. Foi inaugurado en 2015 amosa e analizar a pegada paisaxística, social e económica dos case 30 anos de explotación mineira. O vindeiro sábado 30 de marzo ás 11:00 da mañá farase unha visita guiada polo Museo da Minería, se queres vir a coñecer a historia da explotación mineira debes anotarte no 981685001 ou no 682348556   Attachments:
CARTEL ANUNCIO VISITA MUSEO DA MINERÍA.pdf

Subcategorías

¡Atención! Este sitio usa cookies e tecnoloxías similares. Pode cambiar a configuración do seu navegador para rechazar o emprego das mesmas. Pode consultar máis información en Información de cookies.

Acepto as cookies para este sitio.
EU Cookie Directive plugin by www.channeldigital.co.uk