A Concellería de Servizos Sociais convoca oVerán Saudable, actividade enfocada á práctica deportiva e lúdica para persoas adultas que levará a cabo na zona do parque acuático, xardín botánico, e paseo fluvial. O plazo para realizar a solicitude é do 20 ao 28 de xuño e poderán facerse de xeito presencial no Rexistro (9-14horas) ou a través da sede electrónica. Haberá dous quendas; a primeira, os martes e xoves dos meses de xullo e agosto de 11.00 a 12.00 horas; e unha segunda, e os martes e xoves dos meses de xullo e agosto de 20.00 a 21.00 horas. Segundo a concelleira de Benestar Social, Catrina Queijo, a actividade tenta apostar pola vida saudable “a través da práctica deportiva e lúdica para as persoas adultas do noso concello independentemente da súa idade”.
As actividades a desenvolver son: Ximnasia de mantemento, Step, Aquagym, Ioga e Andainas. E haberá unha celebración do final do verán saudable o día 11 de setembro no entorno do parque acuático onde os adultos poderán gozar dun espectáculo "Que Baile Anacleta"e no que se levarán a cabo actividades como o campionato de Memory Xigante (memoria de socialización), a Xornada Internacional, onde os adultos amosarán ás novas xeracións como se xogaba cando eles eran pequenos. o prezo para as actividades saudables será de 9 euros ao mes para os maiores de 65 anos, e de 13 euros para os maiores de 18 a 65 anos.
Actividade enfocada á práctica deportiva e lúdica para persoas adultas do Concello de Cerceda
A actividade vaise levar a cabo na zona do parque acuático, xardín botánico, paseo fluvial...
O prazo de solicitude é do 20 ao 28 de xuño
HORARIO:
1º TURNO: Martes e xoves dos meses de xullo e agosto de 11.00 a 12.00 horas
2º TURNO: Martes e xoves dos meses de xullo e agosto de 20.00 a 21.00 horas
As actividades a desenvolver son:
- Ximnasia de mantemento
- Step
- Aquagym
- Ioga
- Andainas...
CELEBRACIÓN DO FINAL DO VERÁN SAUDABLE O DÍA 11 DE SETEMBRO NO ENTORNO DO PARQUE ACUÁTICO DONDE DISFRUTAREMOS DO ESPECTÁCULO “QUE BAILE ANACLETA” E NO QUE SE LEVARÁN A CABO ACTIVIDADES COMO:
- CAMPIONATO DE MEMORY XIGANTE (MEMORIA DE SOCIALIZACIÓN)
- XORNADA INTERXERACIONAL DONDE OS ADULTOS AMOSARÁN ÁS NOVAS XERACIÓNS COMO SE XOGABA CANDO ELES ERAN PEQUENOS..
TAXA:
• MAIORES DE 65 ANOS: 9,00 € / MES
• DE 18 A 65 ANOS: 13 € / MES
EXENCIÓNS E REDUCIÓNS
a) Para persoas que acrediten a condición de familia numerosa: bonificación do 10% do prezo para os integrantes.
b) No caso de necesidade socioeconómica detectada e acreditada por informe social, poderán ter unha bonificación de ata o 100% da tarifa