Sesións prácticas sobre a mellora en redes sociais para negocios

A Cámara de Comercio da Coruña impulsa as sesións prácticas sobre a mellora en redes sociais para negocios no Viveiro de Empresas.

A Cámara de Comercio da Coruña, en colaboración co Concello de Cerceda, impulsa as sesión prácticas sobre a mellora en redes sociais para negocios no Viveiro Industrial de Empresas, na rúa Innovación s/n, no Polígono Industrial do Acevedo.

Esta programación terá tres sesións: o 23 de febreiro, o 15 de marzo e o 12 de abril. Na primeira tratarase Facebook, na segunda Instagram e na derradeira, todo o relativo a Tik Tok. Serán todas en horario de 20:00 a 22:00 horas. Non é obrigatorio asistir a todas e estarán impartidas por Chío Infante.

As inscricións poderán formalizarse chamando ao 881 981 553 de 8:00 a 21:00 horas ou enviando un correo electrónico a Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo.. Está dirixida tanto a empresas como autónomos/as.