Servizos sociais

En continuidade con una serie de accións formativas realizadas por ACOPROS, en colaboración co Concello de Cerceda, esta aberto o prazo para anotarse no “ Programa de Estimulación Cognitiva”.

Este programa empezaría a partir do 19 de abril, e esta dirixido a todas as persoas interesadas, a partir de 55 anos.

As sesións de estimulación serían semanais en sesións de 45 minutos, con obxectivos individualizados de estimulación.

Para anotarse ou mais información, pode facerse no departamento de Servizos Sociais Municipais, telf : 981 68 60 68

Attachments:
FileFile size
Download this file (programa de estimulación cognitiva.pdf)Programa de estimulación cognitiva44 kB

O xoves 15 de abril abre o prazo para a solicitude de matrícula.

Os impresos da solicitude poden descargarse na páxina web do Concello.

A documentación pode achegarse:

Para calquera dúbida: Servizos Sociais 9816806068

 

 

Attachments:
FileFile size
Download this file (solicitude_nova_praza.pdf)Solicitude de nova praza208 kB

Dende o departamento de servizos sociais, informase que dende o martes día 13, ata o mércores día 21 de abril 2021, ábrese o prazo para participar no Programa de Alimentos de Cruz Vermella 2021: “ayuda alimentaria del Fondo de Ayuda Europea para las Personas Más Desfavorecidas (FEAD).”

Para solicitar a participación no programa de alimentos, debese de entregar nas oficinas do rexistro municipal, a solicitude que figura anexa, coa documentación que se require.

Para mais información pódese contactar co telf: 981 68 60 68

Attachments:
FileFile size
Download this file (SOLICITUDE PRIMER REPARTO 2021.pdf)Solicitude130 kB

Dende o Departamento de Benestar Social, Igualdade e Comunicación, esta semana realizouse o reparto da axuda alimentaria, que se recibe do fondo de axuda europea, entre as familias que previamente o solicitaran.

Nos vindeiros meses volverase a publicar a convocatoria, para que o poidan solicitar todas as persoas que sexan susceptibles de poder recibir dita axuda.

Para mais información poden contactar co departamento de servizos socias 981 68 60 68.

Dende o departamento de Servizos Sociais, Igualdade e Comunicación, quérese agradecer a toda a poboación, a súa colaboración na donación de produtos para o carro solidario de Nadal 2020. Así como a todos os establecementos, que fixeron a recollida de produtos do carro solidario.

 

 

Attachments:
FileFile size
Download this file (foto alimentos.jpg)foto alimentos.jpg4994 kB

Por Decreto da Alcaldía-Presidencia de 23/11/2020, adoptouse o acordo de aprobación das bases reguladoras da con-vocatoria de axudas municipais á escolarización curso escolar 2020/2021, que se transcriben de seguido, e que se publican os efectos de inicio de prazo de solicitude.

 

Prazo de presntación das solicitudes: do 27 de novembro ó 3 de decembro

 

Mais información no Departamento de Servizos Sociais no teléfono 981 686 068

 

BASES REGULADORAS DA CONVOCATORIA

Attachments:
FileFile size
Download this file (ANEXO III- XUSTIFICACIÓN.pdf)ANEXO III- XUSTIFICACIÓN.pdf95 kB
Download this file (solic_axudas_esolarizacion_20_21.pdf)Solicitude 139 kB

Solicitude de participación no Programa de axuda alimentaria ás persoas máis desfavorecidas 2020

Dende o departamento de servizos sociais, informase que dende o luns día 7, ata o mércores día 23 de decembro, ábrese o prazo para participar no Programa de Alimentos de Cruz Vermella 2020: “ayuda alimentaria del Fondo de Ayuda Europea para las Personas Más Desfavorecidas (FEAD).”

Para solicitar a participación no programa de alimentos, debese de entregar nas oficinas do rexistro municipal, a solicitude que figura anexa, coa documentación que se require.

Para mais información pódese contactar co telf: 981 68 60 68

Attachments:
FileFile size
Download this file (ANEXO 1 .pdf)ANEXO 1 .pdf150 kB

Con data 19/10/2020 publicaronse as bases das axudas municipais para transporte escolar no Boletín Oficial da Provincia da Coruña (BOP) número 174 comezando así, o prazo de presentación das solicitudes sendo de 15 días hábiles a contar a partir do día seguinte á publicación.

Unha vez publicadas as bases detectaronse erros en varios puntos das mesmas motivo polo cal, con data 25/10/2020 a Concelleira de Benestar Social, Educación e Igualdade aprobou por decreto a suspensión do prazo de presentación das solicitudes que está vixente.

O Departamento de Servizos Sociais procederá á elaboración dunhas novas bases que serán aprobadas polo órgano competente para a súa posterior publicación no BOP.

Así mesmo, informar ás persoas interesadas que as solicitudes que xa foron presentadas no prazo actual teranse en conta e serán valoradas para a súa resolución.

 

Máis información no Departamento de Servizos Sociais no teléfono 981 686 068

Dende o Departamento de Benestar Social, Igualdade e Comunicación, informase as persoas solicitantes,de que o programa de Bos dias Cole 2020/2021, dará comezo ao inicio do curso escolar, no CPI " O Cruce". A prestación do servizo, esta suxeita a que poida realizarse sempre e cando o permita a situación epidemiolóxica COVI-19.

No caso de precisar praza ao longo do curso escolar, poden informarse no terceiro andar do edificio municipal, no departamento de servizos sociais. Ou ben chamando ao 981 68 60 68.

Rematado o prazo de presentación de solicitudes de ingreso na Escola Infantil Municipal “Os Pillabáns” e unha vez valoradas todas, a concelleira de benestar social, igualdade e participación cidadá, Catrina Queijo García, aprobou a relación provisional do alumnado admitido por unidade de atención.

Informar ás persoas solicitantes que de acordo co artigo 19 do Regulamento da Escola Infantil Municipal, poderán efectuar as reclamacións que consideren oportunas no prazo de 10 días naturais que contarán a partir da data de exposición pública da listaxe no taboleiro de anuncios municipal.

Para máis información no Departamento de servizos sociais ou no teléfono 981 68 60 68

Attachments:
FileFile size
Download this file (LISTAXE PROVISIONAL CURSO 2020-2021.pdf)LISTAXE PROVISIONAL CURSO 2020-2021.pdf217 kB

Páxina 2 de 6