Listaxe provisional do alumnado admitido na EIM "Os Pillabáns" para o curso 2022-2023

Unha vez rematado o prazo de solicitudes para a renovación de praza e de solicitudes de nova praza para a escola infantil municipal "Os Pillabáns" para o curso 2022-2023, todas as solicitudes foron baremadas de acordo co establecido no artigo 14 do Regulamento da escola infantil municipal (publicado no BOP da Coruña número 231, do 5 de decembro de 2017).

Recordamos que os criterios de prioridade para a adxudicación das prazas son os seguintes:

1º- Alumnado con renovación de praza

2º- Fillos/as de persoal traballador da escola infantil

3º- Solicitantes con irmáns con praza renovada no centro

4º- Resto de solicitudes segundo puntuación acadada unha vez aplicado o baremo, valorando en primeiro lugar os menores empadroados en Cerceda, en segundo lugar os que non están empadroados pero que algún dos titores acredita o seu posto de traballo no termo municipal e en terceiro lugar o resto de solicitudes.

 

As persoas interesadas disporán dun prazo de 15 días hábiles, a contar a partir do día seguinte hábil desta publicación, para presentar as reclamacións que consideren oportunas contra esta resolución provisional.

Máis información no Departamento de Servizos Sociais ou no teléfono 981 68 60 68