Convocatoria das axudas municipais para a escolarización para o vindeiro curso 2022-2023

Con data 13/06/2022 foron publicadas no Boletín Oficial da Provincia da Coruña número 111, as bases polas que se rexerá a convocatoria das axudas municipais para a escolarización para o vindeiro curso escolar 2022-2023. O prazo de solicitude das axudas será dende o 14/06/2022, ata o 04/07/2022 (ambos os dous incluídos)

Subvencionaranse os gastos derivados da compra de:

a) Libros de texto

b) Material escolar

c) Vestiario básico

d) Material informático (soamente para o alumnado que teña establecido o emprego da mochila dixital)

2. Non é obxecto de financiación desta convocatoria o equipamento deportivo para as actividades extraescolares 

 

Para máis información poden contactar co Departamento de Servizos Sociais, no telf.: 981 68 60 68.