Recollida de plástico agrícola

O próximo día 23/11/2021 farase unha nova recollida de plástico agrícola nas diferentes explotación agrícolas e gandeiras do Concello de Cerceda.

O procedemento para solicitar a recollida é o seguinte:

  1. Os interesados deben chamar ao 881.04.67.76 para solicitar o servizo indicando a cantidade a recoller e os datos do punto de recollida.

  2. O plástico debe estar nun lugar que sexa accesible para o camión encargado da carga con grúa.

  3. O plástico debe estar limpo, sen residuos e atado en fardos (senón é así non se poderá efectuar a recollida)