O Concello comeza os traballos de ampliación na rede de saneamento desde Piñeiro ata Ponte Cristina

O Concello de Cerceda deu comezo os traballos de ampliación da rede de saneamento desde Piñeiro ata Ponte Cristina, que contan cun orzamento de 26. 411, 34 euros e onde se instalarán 640 metros de tubaxes de PVC e 12 pozos de rexistro. 

Previamente, escavaranse zanxas e demolerase o pavimento existente, para rematar coa súa reposición en zahorra, formigón e aglomerado. Suporá unha ampliación do servizo a máis vivendas deste núcleo de poboación. 

Estes traballos súmanse aos xa executados neste lugar de habilitación de cunetas, que favorecerá o tránsito de vehículos e unha mellor convivencia do tráfico rodado.